******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

venres, 29 de decembro de 2017

FELIZ 2018


As persoas que compoñemos o club San Xoan TM, desexámosvos un moi feliz ano 2018.
Que os vosos soños se vexan cumpridos.

luns, 20 de novembro de 2017

TERCEIRA VICTORIA DA TEMPADAf

Formacións dos equipos TDM Basanta e San Xoan Galicia Saudable
Despois de sete encontros disputados a victoria por 4-1 diante de TDM Basanta, supón a terceira victoria da tempada e a colocación do equipo na zona morna da taboa clasificativa.

Ton, Fernando e Michel foron os encargados de buscar unha nova victoria que os alonxara da zona de perigo, e así o fixeron, acadando 2 puntos Ton, 1 Fernando e o dobre que xogaron Ton e Fernando.

luns, 15 de maio de 2017

EXITOSO PROVINCIAL

DOUS OUROS E UN BRONCE

O club estivo representado no provincial en idade escolar, disputado o sábado 13 na localidade de Zás.
Xoan Vila e Iago Grueiro ouro benxamins.
Yago Marcos e Alejandro Veiga bronce alevin.
Irene Fernández e Angela Lestayo ouro infantil.
Parabéns e a seguir traballando para marcar unha nova época no club.

NON PUIDO SER: 20 PUNTOS NON CHEGARON

Javi Benito, Anthony Olugbenga, Fer López, Rubén García
A pesar da boa campaña realizada, xa que quedamos a 8 puntos do lider Vilagarcia, por primeira vez, un equipo con media liga gañada, 20 puntos, vese na obriga de descender de categoría.

Resulta ser un castigo o resultado final deste grupo 1 da División de Honra para éste club, que de xogar no grupo 2 clasificariamos seguro para ascenso á super, pero ainda así foi unha tempada de disfrute, xa que nesta tempada pasaron por San Xoan grandes xogadores nacionais e extranxeiros, ao que non estabamos afeitos.

Tocará voltar á primeira na que os obxectivos serán os que o plantel de xogadores que nos representen sexan capaces de acadar, sendo sempre o primeiro, salvar a categoría.

Grazas a Javier Benito e Anthony Olugbenga, polo traballo e polas boas persoas que son, un prazer, sorte.

luns, 23 de xaneiro de 2017

SUFRIDA E IMPORTANTE VICTORIA NA DIVISIÓN DE HONRA


Markovic e Lozano do Álamo fronte a Benito e Olugbenga



A pesar de vir coa etiqueta de colista e ter baixas por lesión, a presenza de Markovic e Lozano, xunto co veteranisimo Paco Martín, iban a pelexar pola victoria e tentar sair do pozo, e así o fixeron.

Ainda así tiñamos fe na victoria, ainda que a combinación de partidos polas alineacións de ambos equipos non era a mais óptima, xa que as dúas victorias de Javier Benito e a de Anthony xa aseguraban forzar o dobre, había que conseguir unha cuarta victoria, que tanto Anthony como Rubén non foron quen de acadar.

Chegamos así a un dobre intenso e impredecible, e que a veterania na categoría de Benito e a compenetrada dupla con Olugbenga fixeron que por 3-1 os dous puntos quedaran en terras ferrolás, achegando así a salvación.

DIVISIÓN DE HONOR MASCULINA GRUPO 01

 P 
EQUIPO
  EJ  
  EG  
  EP  
  PF  
  PC  
  PTOS  
1  IRUN LEKA ENEA11101472420
2  SAN SEBASTIAN DE LOS REYES1082431816
3  ESTABLECIM. OTERO-CAMBADOS1183422616
4  VILAGARCIA COCINAS BULTHAUP972332414
5  CLUB SAN XOAN GALICIA SAUDABLE1165353312
6  A.D. COLLADO MEDIANO1055322910
7  CTM PROGRESO114734378
8  MONTE PORREIRO DEPORTE GALEGO114732378
9  NOROESTE - LAS ROZAS114729398
10  OROSO TM DEPORTE GALEGO114725438
11  C.T.M. MOSTOLES112924434
12  C.T.M. EL ALAMO112924474


 JORNADA   1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11    TODAS    
 12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22 

 JORNADA


11
  FECHA    HORA  LOCALVISITANTE  PL    PV    ACTA  
21/01/2017
16:00
1
5
21/01/2017
16:00
4
3
21/01/2017
18:00
1
5
21/01/2017
18:00
3
4
22/01/2017
11:00
2
4
22/01/2017
11:00
4
3