******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

venres, 20 de xullo de 2012

ASEMBLEA XERAL FEDERACION GALEGA

O pasado martes tivo lugar en Santiago a Asemblea Xeral anual ordinaria da Federación Galega de Tenis de Mesa, e da que vos iremos dando información sobre os acordos
Ademais dos temas ordinarios como acta da sesión e contas do 2011 e orzamento previsto para 2012, tamén se aprobou o caledario de competicións para a tempada 2012-13, e informouse de cambios nos regulamentos de campionatos, torneos e ligas galegas.

Cabe salientar que os campionatos galegos, agás o absoluto van ter lugar na semana santa de 2013.
Tamén é importante o capitulo de sancións para as ausencias ou incomparecencias que non se xustifiquen tanto nos campionatos como nos torneos do circuito.
Por outra banda e entre outras propostas feitas na asemblea, acordouse crear unha comisión, formada en principio por 6 persoas para ir vendo a posibilidade de cambiar ou mellorar o sistema de rankings, pero sempre de cara a tempada 2013-14.
En breve iremos aportando información máis polo miúdo.

Ningún comentario :

Publicar un comentario