A olímpica Iria Grandal |
A verdade é que coa presenza dunha deportista olímpica da talla de Iria Grandal, foi o mellor colofón ao campamento de verán
Xoven, e a pesar de competir no máis altos níveis e con titulos no seu haber, ainda conserva certa timidez, pero non dubidou cando lle propuxemos acudir a amosar e ensinar como se tira co arco recurvo aos nenos do campamento que a Federación Galega organizou do 13 ao 17 deste mes que remata nas instalacións do CEIP SAN XOAN.
Recén chegada de Londres onde tivo un papel bo a pesar de sela primeira cita olimpica, xa que simplemente por un punto de diferencia no desempate cunha tiradora asiática, quedando ás portas dos oitavos de final. Agardemos que ao igual que Javi Gómez Noya, nos dea unha alegría nos xogos de Rio16.
En breve poderedes ver as galerias de fotos e videos do campamento, que vos anunciaremos oportunamente.
Foron 5 días nos que os adestramentos foron a parte fundamental, con importante actividade física, que debería ter continuidade nos respectivos clubs, pero tamén o ocio, como windsurf, volei praia, mini olimpiada de xogos deportivos e populares, e despois de tanta actividade física unha sesión de cinema ao aire libre, agás o martes que o vento tentou de nos levar a tendas, pero gañamoslle a partida desta volta.
Ningún comentario :
Publicar un comentario