Fer, Victor, Felipe e Lois |
Tanto os veteranos de 1ª galega, Golán, Fernando e Jaime, como os xuvenís do club venceron a Oroso e Andeiro de Cambre por idéntico resultado, un apretado 3-4, pero que lles sirve aos rapaces para seguir colideres e invictos, e aos veteranos na parte alta da táboa a unha victoria do liderato.
Agardemos que sigan nesa liña, e que poidan ter chance de poder subir de categoría.
Os veteranos en Oroso cumpriron, diante dun equipo equilibrado formado por Andrés Obelleiro, Camilo González e Silvia Alvarez, foron Golán e Fernando os que vencendo nos seus partidos lograron a victoria.
Como sinalabamos Felipe Piñón resultou ser determinante para acadar a victoria, xa que chegamos ao último partido cun 3-3, acadando os puntos Victor Paez sobre Lóstrego e David Gómez, o dobre con Fernando López, e puxo a guinda Felipe realizando un bo xogo e mais regular do habitual, por un 2-3, ainda que ben puido resolver antes do 5º. Esperemos que siga nesta liña.
Ningún comentario :
Publicar un comentario