Acompañados polo presidente Manolo Fernández e Luis Baamonde, pai de Nuno, representaron ao club nos estudios de Radio Filispin do colectivo Opaíí, unha radio libre e independente, que trata de informar, sen ter que dar conta a ninguén.
Sinalar que o noso club foi o debutante no comezo
da andaina do novo programa de deporte base, que presenta e dirixe Fran Pérez, e que foi moi gratificante, poder transmitir á cidadanía que o tenis de mesa é un deporte que se pode practicar a todalas idades, máis o importante é comezar na etapa da escola primaria, que é cando mellor se aprenden os conceptos.
pero principalmente, da curta historia do tenis de
mesa en San Xoán e de como naceu o club, así como desde o punto de vista dos nenos que comezan e tamén da promesa que é Rubén García, xogador do equipo de Segunda Nacional Masculina, que comezou na escola deportiva do colexio aos 11 anos, e foi un dos artífices de que o club fora ascendendo de categoría até a segunda nacional.
Podedes escoitar o programa pinchando aqui.
Ningún comentario :
Publicar un comentario