******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

mércores, 26 de xuño de 2013

SAN XOAN - CHAMORRO 3º EN EQUIPOS DE DISCAPACIDADE INTELECTUAL

Miriam, Legazpi e Miguel á dereita, os tres da parte superior
Miriam, Legazpi e Miguel, fóron os representantes de San Xoán - Chamorro, no II Campionato Galego de discapacidade, disputado no pavillón de San Xoán o pasado sábado 22, e que colectivamente acadaron o terceiro posto, por detrás do Méndez Núñez de Pontevedra e Mercantil de Vigo.


Alberto Fernández
Na clasificación individual masculina o campión foi por segundo ano consecutivo Alberto Fernández do club Cinania de Cangas do Morrazo, o subcampión foi unha vez máis Francisco Vargas de Mercantil de Vigo e Ramón Rey e José M. Bouzas do club Méndez Nuñez de Pontevedra, semifinalistas.


Na individual feminina, a primeira campiona galega Covandonga González, subcampiona Vanesa Tato, e semifinalistas Silvia Pérez e Olaya Díaz, facendo pleno do club Méndez Nuñez de Pontevedra.

Ningún comentario :

Publicar un comentario