******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

luns, 8 de xullo de 2013

PRIMEIRA NACIONAL FEMININA EN CORBILLON EN 2013/14

Onte en Madríd, tivo lugar a asemblea xeral da RFETM, onde entre outros temas, aprobouse o cambio no sistema de xogo da Primeira Nacional Feminina, pasando a SISTEMA CORBILLÓN, que defendeu o presidente do club, Manolo Fernández, cun resultado de 18 votos a favor, 10 en contra e 26 abstencións.
O cambio de sistema ven motivado polo cada vez menor número de equipos na categoría, que pasou de 40 a só 18 nos últimos 4 anos.
Isto pode solucionar en parte, que clubs con dúas nenas, poidan participar, e outros con 5 ou 6 inscribir dous equipos, que permitirá facer unhas ligas con máis equipos xa que hai menos que na división de honra, con menor quilometraxe, e permitindo xogar a nenas que senon quedarían case sen xogar ao longo da tempada.

Ningún comentario :

Publicar un comentario