******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

martes, 1 de outubro de 2013

MARIA CALVO, SEGUNDA EN CANGAS

María co trofeo artesanal e o novo polo
ANTONIO CASAL E JOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ, TERCEIROS

Pouca participación local, pero con bos resultados, sobre todo o domingo, no que a única xogadora local, participante na proba absoluta feminina foi María Calvo, xogadora do equipo de Primeira Feminina, SAN XOAN - CIDADE DE NARÓN.

María foi segunda favorecida por un triple empate para ésta posición no podium, a primeira clasificada foi a ex-compañeira de equipo Saleta López, que agora milita nas filas do Oroso, e será contrincante na categoría, e rival para o ascenso a División de Honra.

Na xornada do sábado os dous veteranos do club, Antonio Casal e José Manuel Fernández, finalizaron terceiros, ambos nas semifinais, o que impediu unha posible final entre eles.

Con éste evento finaliza a rolda de torneos do Circuito, cos 7 disputados na pretempada de verán, pero ainda quedan, Oleiros e Narón, que terán lugar no Nadal, e para rematar o Circuito, como xa é habitual, o CIDADE DE FERROL, que organizamos en San Xoán, e que neste ano adiantase un mes ao 24 e 25 de maio, por coincidencia nas datas tradicionais de San Xoan, cos Campionatos de España.

Ningún comentario :

Publicar un comentario