******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

luns, 29 de setembro de 2014

O CLUB PROTAGONISTA EN CANGAS

Rubén García, María Calvo e Adrián Bereijo


CINCO OUROS E UN BRONCE


María Calvo e Rubén García vencen na absoluta feminina e masculina do último torneo da xeira veraniega do Circuito Galego de Torneos. Ademais do trofeo cada un foi obsequiado polo club Cinania, organizador do evento, cun vale dunha noite de hotel en Cangas para dúas persoas.

Ademais Adrián Bereijo acadou o terceiro lugar tamén na proba de consolación absoluta.

Isto culminou a boa colleita realizada o sábado nas probas de categorías, onde Rubén García venceu en sub23, Fernando López en Xuvenil e José Manuel Fernández en veteranos.

A unha semana de comezar as ligas, indica que os xogadores e xogadoras do club están nun bó momento de forma, e que agardemos sigan mantendo ao longo da tempada.

Fernando López, J.M. Fernández e Rubén García

Ningún comentario :

Publicar un comentario