CUN BALANZO DE 5 PODIUMS PARA O CLUB
Logo da maratona de campionatos que comezou en Vilagarcía co Infantil, no que participaron Fernando Orjales e Yeray Ponce, e no Veteranos, coa participación de Antonio Casal e Fernando García, que acadaron o bronce por equipos.
Seguiu o Galego Absoluto que organizamos no pavillón do CEIP San Xoan, onde se deron cita os mellores xogadores e xogadoras que xogan nos club galegos, e todo foi segundo o guión, xa que o Arteal de Santiago e os segus xogadores e xogadoras, coparon a meirande parte dos podiums.
Rubén García e Cristóbal Fernández xogadores do primeiro equipo do club, obtiveron o bronce en dobres como único podium neste campionato que deixou unha opinión xeneralizada de boa organización por parte do club
Para finalizar na vila coruñesa de Noia, disputaronse os campionatos benxamin e xuvenil, sendo neste no único que participou o club con catro podiums, bronce por equipos, Fernando López, Victor Paez e Adrián Bereijo, prata en dobres masculinos Fernando López con Santiago Otero do Cidade de Narón, sendo bronce Victor Paez facendo parella con Javier Diz do Club do Mar de A Coruña, tamén prata en dobres femininos de Paula Padín facendo parella con Silvia Alvarez de Oroso.
Ningún comentario :
Publicar un comentario