******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

luns, 18 de maio de 2015

OS CADETES SUBCAMPIÓNS PROVINCIAIS

Os peques do club, que participaron no Campionato Provincial de A Coruña

O EVENTO TIVO LUGAR NO PAVILLÓN DO CEIP SAN XOAN 

O club San Xoan, organizou o pasado sábado, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega, o Campionato Provincial de Tenis de Mesa, das categorías benxamin, alevín, infantil e cadete, sendo masculina e feminina nas tres últimas.

O club participou con 5 equipos, nas categorías, benxamin mixta, alevín masculina, infantil masculina, cadete feminina e cadete masculina.

Os equipos cadetes acadaron o subcampionato en ambas categorías, na masculina xogaron Fernando Orjales e Yeray Ponce, e na feminina Sasha Moreira e Paula Fernández. O infantil masculino formado por Nicolás López e Nuno Baamonde acadou a 5ª posición, e o alevin masculino de Marco Salzano e Rodrigo Barrera e o benxamin mixto de Sara Hernandez e Iago Grueiro, finalizaron sextos. 

Ningún comentario :

Publicar un comentario