******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******
Amosando publicacións coa etiqueta club san xoan tm. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta club san xoan tm. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de xaneiro de 2017

IMPREVISTO REGALO DE REIS

A visita do San Sebastián de los Reyes madrileño, co seu equipo B, sorprendeunos, e dounos a posibilidade de acadar dous puntos, que a priori se presentaban moi dificiles.

Foi un encontro cómodo finalmente, con  dobre victoria de Anthony e Ruben e unha de Fernando López.

O equipo volta á quinta posición na táboa.


DIVISIÓN DE HONOR MASCULINA GRUPO 01


 P 
EQUIPO
  EJ  
  EG  
  EP  
  PF  
  PC  
  PTOS  
1  IRUN LEKA ENEA990401718
2  ESTABLECIM. OTERO-CAMBADOS1082392216
3  SAN SEBASTIAN DE LOS REYES972381714
4  VILAGARCIA COCINAS BULTHAUP862292112
5  CLUB SAN XOAN GALICIA SAUDABLE1055313010
6  MONTE PORREIRO DEPORTE GALEGO104630338
7  CTM PROGRESO114734378
8  NOROESTE - LAS ROZAS104628348
9  OROSO TM DEPORTE GALEGO104624388
10  A.D. COLLADO MEDIANO83523266
11  C.T.M. MOSTOLES112924434
12  C.T.M. EL ALAMO102821434
PRIMEIRA FEMININA

A pesar das baixas de María e Noa, as infantiles Irene Fernández e Angela Lestayo acompañaron a Saleta e Andrea acadando dúas victorias por 3-4 diante de Narón e Dez Portas, cedendo só diante de Cidade de Narón por 4-2.
O equipo feminino situase agora na cuarta praza empatado con Vincios de Gondomar e Coruña, segundo e terceiro respectivamente.

PRIMERA NACIONAL FEMENINA GRUPO 01


 P 
EQUIPO
  EJ  
  EG  
  EP  
  PF  
  PC  
  PTOS  
1  CLUB DEL MAR FEMENINO10100441720
2  A.D. VINCIOS1073392214
3  C.T.M.CORUÑA1073372514
4  CLUB SAN XOAN - GALICIA SAUDABLE1073362714
5  AVILES T.M.1064382512
6  MONTE PORREIRO B1055312910
7  PADRE ISLA - SARIEGOS1055313010
8  CTM CIDADE DE NARÓN103725376
9  LUARCA TENIS DE MESA103723376
10  DEZ PORTAS LUGAUTO102820414
11  CLUB NARÓN1001014480

venres, 2 de decembro de 2016

I LIGA DA RIA FERROLANA

Un momento da disputa dun dos encontros no pavillón de San Xoan




Ésta tempada comezou a disputarse, levamos xa dúas xornada, a primeira Liga da Ria de Ferrol de Tenis de Mesa, coa participación de 10 equipos, 6 de Ferrol, 3 de Mugardos e 1 de Ares.

Liderada e posta en marcha po éste club, estamos a levala a cabo coa idea de que se convirta nun amplo proxecto de participación dos afeccionados e afeccionadas a éste bonito deporte do tenis de mesa, e para o que estamos a falar con outros clubs, que nos axuden a difundir e ampliar.

Na primeira xornada só se disputou un encontro por dificultades de participación, pero a segunda xa se disputou ao completo.

Éste fin de semana disputase a terceira con un econtro o venres e 4 o domingo pola maña.

luns, 24 de outubro de 2016

DIVISIÓN DE HONRA: NOVO TRIUNFO A DOMICILIO

PRIMEIRA VICTORIA NUN DERBI


O sábado 15 debutamos en cancha propria, no primeiro derbi da tempada na categoría, cunha derrota, notando a ausencia de Javier Benito, desta volta e na visita ao Monte Porreiro pontevedrés, si puido participar e foi imprescindible na victoria do equipo.
Os dous puntos acadados vencendo ao nixeriano Lawal Abiodun e Santi Prieto, xunto coas de Anthony sobre Nacho e o seu compatriota Lawal, decantaron o encontro para o equipo ferrolano, que se sitúa na quinta praza da táboa clasificatoria.
Unha mágoa Rubén que puido dar a primeira victoria do encontro ante Santi Prieto, pero finalmente cedeu por 3-2, ten que seguir o seu proceso de adaptación á categoria de prata nacional.

DIVISIÓN DE HONOR MASCULINA GRUPO 01

 P 
EQUIPO
  EJ  
  EG  
  EP  
  PF  
  PC  
  PTOS  
1  IRUN LEKA ENEA4401878
2  SAN SEBASTIAN DE LOS REYES43115106
3  OROSO TM DEPORTE GALEGO3301276
4  MONTE PORREIRO DEPORTE GALEGO53218136
5  CLUB SAN XOAN GALICIA SAUDABLE53216156
6  CTM PROGRESO42215114
7  ESTABLECIM. OTERO-CAMBADOS3211184
8  VILAGARCIA COCINAS BULTHAUP3211094
9  A.D. COLLADO MEDIANO41311142
10  C.T.M. EL ALAMO51410232
11  NOROESTE - LAS ROZAS4048170
12  C.T.M. MOSTOLES4047170


 JORNADA   1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11    TODAS    
 12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22 


mércores, 19 de outubro de 2016

COMEZOU A PRIMEIRA NACIONAL FEMININA

María Calvo, Saleta López e Andrea Valiño
O pasado sábado tivo lugar a primeira das concentracións da liga de Primeira Nacional Feminina, á que regresamos logo do paso o ano pasado pola División de Honra.
A concentración de encontros, 4 por equipo, tivo lugar no local do club Narón, que participa con dous equipos e que xunto ao Dez Portas e San Xoan Galicia Saudable, forman parte do subgrupo 1 que se enfrontaron ao subgrupo 2, formado por Club do Mar da Coruña, CTM Coruña, Monte Porreiro de Pontevedra e Vincios de Gondomar.
María e Saleta tiñan problemas físicos, e ainda así xunto con Andrea, foron capaces de lograr 2 victorias sobre Coruña por 5-1 e Vincios 4-2, e cedendo diante do Club do Mar por 4-2 e Monte Porreiro 5-1, equipo que aliñou a dúas xogadoras do equipo de División de Honra como son Noelia Santiago e Noa Bernardez.

DIVISIÓN DE HONRA MASCULINA

Recibimos visita do club galego Oroso TM Deporte Galego, que xogou con Malov, Sanmartin e Uxío, e que venceron á nosa formación, Anthony, Rubén e Fernando López, xogando éste pola ausencia de Javier Benito, por un resultado de 2-4, acadando os dous puntos locais o nixeriano Anthony Olugbenga fronte a Malov e a Uxío.
A falta de Javier Benito e a mala xornada de Rubén, impediron que poideramos acadar os primeiros puntos como locais, logo de acadar a pasada fin de semana os 4 en xogo na dobre visita a Madrid.









martes, 24 de maio de 2016

XOAN VILA, SUBCAMPION GALEGO PREBENXAMIN

IAGO GRUEIRO, SANTIAGO MARTINEZ E LUIS TERRADILLOS, FORON APEADOS EN OITAVOS
Xoan Vila
Xoán comezou nesta tempada a práctica do tenis de mesa, con 8 anos, na escola deportiva do club, compaxinanadoo con outros deportes.

Disputaba o seu primeiro campionato, ao igual que Iago Grueiro, Santiago Martinez e Luis Terradillos, e disfrutamos vendo que a pesar de xogar na casa, o que dá un pouco mais de responsabilidade polo apoio da grada, souberon competir a un boisimo nivel todos.

Pero Xoan, o incansable correcamiños (chega a todalas bolas) fixo que polo menos un dos 4 trofeos en disputa, quedara na casa, foi o subcampionato, xa que únicamente cedeu na final, co narónés Brais Rodriguez por 3-1, pero antes en grupos venceu ao nº 3 do ranking o pontevedrés Adrián Molina, e nas semifinais ao nº 2 o narónés Roi López ambos por 3-2 e con remontadas.

Resulta satisfactorio ver que a canteira está viva polo ben do deporte, a pesar das dificultades destes tempos.

martes, 24 de novembro de 2015

OITAVO TRIUNFO CONSECUTIVO NA PRIMEIRA NACIONAL

Un intre dos encontros disputados o pasado domingo

O terceiro equipo canario, Casino La Laguan, pasou polo pavillón de San Xoán, e non foi quen de impedir a ibatibilidade do primeiro equipo masculino, que novamente venceu claramente por 5-1, un novo resultado cómodo, a falta de 2 xornada para finalizar a primeira volta da liga.
 
Só tres partidos individuais cederon os nosos, cando a liga se aproxima ao seu ecudador,e que pon moi de cara a disputa da fase de ascenso por segundo ano consecutivo, pero que de momento coa vantaxe de ser primeros de grupo, o que permite mellores opcións de ascenso, obxectivo do club para ésta tempada.

Tamén xogaron os equipos de Segunda Nacional, que saíu derrotado por 1-5 o pasado sábado, no noso pavillón, logrando o punto Jonatan Suspes diante de Pablo López.

Na terceira nacional, un novo empate co Ribadeo, con puntos de Ton Casal, un e Fernando García dous. Tamén empatou o equipo de Primeira Galega, diante do Vilalba Veteranos, con puntos de Fernando Orjales, Alberto Novo e Guillermo Santalla.

Para rematar o equipo infantil sufriu unha nova derrota por 0-6, no que xogaron Marco Salzano, Alvaro Martinez, Fran Pérez e Nuno Baamonde.


mércores, 4 de novembro de 2015

BALANCE POSITIVO NO INICIO LIGUEIRO

O EQUIPO FEMININO, AINDA SEN PUNTUAR, FOI DE MENOS A MAIS NA DIVISIÓN DE HONRA FEMININA

Vamos superando os atrancos físicos que afectaron e ainda afectan ás 3 xogadoras que teñen a misión de manter a categoría, pero en franca mellora.

O debut tivo lugar contra o potente Oroso e sen poder contar coa xogadora sueca Sandra Saarinen, que ven para tentar salvar a categoría, e no que caemos por un claro 0-6, logo o encontro co Cidade de Narón, e que moi igualado, finalmente perdimos por 3-4, pero loitando moito, sobre todo porque tanto María como Noa estaban tocadas físicamente dos seus xeonllos. Duas bazas fortes tivemos tamén na última fin de semana de outubro, indo o sábado a Gondomar, no que case forzamos o dobre a pesar de ter Vincios o equipo de gala, con Celia, Nadina e Inés, caendo por 2-4, que tamén sería o resultado o domingo 25 na casa co mellor equipo da categoría o Vasa Arroyo de Valladolid.

PRIMEIRA NACIONAL

Demasiado fácil ata agora para o primeiro equipo masculino formado por Milos Savic, Mateo Cibantos, Cristóbal Fernandez e Rubén García, que únicamente perderon un dos partidos individuais, ganando todolos encontros claramente.

SEGUNDA NACIONAL

Formado por Fernando López, Jonatan Suspes, Victor Paez (lesionado), Adrián Bereijo (lesionado) e Guillermo Santalla, e co apoio de Rubén García en dous encontros, levan duas victorias e duas derrotas, que lles permiten estar na metade da táboa, e agardamos que poidan manter a categoría, unha vez recuperen os seus efectivos.


JOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ (GOLÁN) BRONCE EN LUGO

ADEMAIS MARIA CALVO EN SENIOR E ALBERTO NOVO EN DISCAPACIDADE FÍSICA TAMÉN CLASIFICAN PARA O ESTATAL

Resultados discretos os obtidos polos xogador@s do club, con un podium en veteranos +40, dous mais clasificados e dous ás portas, xa que tanto Rubén García como Noa Fernández, ambos da categoría sub23, finalizaron na décima posición.

Quedan como primeiros reservas, pendente de algunha baixa.

O resto de participantes do club non pasaron a fase de grupos, e que foron, Sara Hernández, Marco Salzano, Nicolás López, Fernando Orjales, Guillermo Santalla, Alberto Novo e Ton Casal en veteranos.

martes, 6 de outubro de 2015

PRIMEIRA NACIONAL: DEBUT, VICTORIA E LIDERADO

O equipo de San Xoan á dereita formado por Cristóbal, Rubén, Milos e Mateo.

O XOGADOR SERBIO, MILOS SAVIC, DEBUTOU, E PLENO.


Acompañado por Mateo Cibantos e Cristóbal Fernández, para enfrontarse ao sempre correoso equipo de Helios Bembrive de Vigo, formado por Miguel Cabaleiro, Juan Lois e Lucas Rodriguez, quen foi o xogador mais peleón plantandolle cara a Milos Savic, ainda que finalmente perdeu, e que xunto co resto de victorias, serven para lograr un pleno que nos coloca líderes nesta primeira xornada.

Na vindeira fin de semana, o equipo desplazarase a León e Avilés para a disputa de dous encontros, que agardemos resulten favorables aos intereses do club, coa fin de manter o liderato.

PRIMERA NACIONAL MASCULINA GRUPO 01

 P 
EQUIPO
  EJ  
  EG  
  EP  
  PF  
  PC  
  PTOS  
1  CLUB SAN XOAN TM110602
2  PADRE ISLA – SARIEGOS110422
3  ARTEAL110422
4  CD DEDALOS TM110422
5  CIRCULO DE AMISTAD-TENERIFE000000
6  A.D. VINCIOS-BMC000000
7  C.T.M. CIDADE DE NARON000000
8  AVILES T.M.101240
9  CASINO LA LAGUNA101240
10  CLUB DEL MAR101240
11  HELIOS BEMBRIVE, T.M.101060


 JORNADA   1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11    TODAS    
 12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22