******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******
Amosando publicacións coa etiqueta división de honra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta división de honra. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de outubro de 2016

DOBRE VICTORIA EN MADRID

Un intre dun partido de Anthony en Móstoles

ÉXITO NA SEGUNDA SAÍDA CONSECUTIVA

Logo da difícil saída a Irún na primeira xornada, e coa conseguinte paliza de quilometraxe, que se saldou coa primeira derrota no debut na categoría, afrontamos xa a segunda saída con dobre convocatoria en Madrid.

O sábado tocaba outro equipo difícil, que xa coñeciamos de hai dous anos na Primeira Nacional, o Progreso co defensivo Diamandi, Guillermo Martinez, que xa xogou en super e para completar Pedro López, que conforman un equipo dificil na categoría e que está chamado a estar na parte alta da táboa ao final da liga.

Poñiase dificil o envite ao caer derrotado Anthony, no partido entre extranxeiros, por Gerasim Diamandi por 3-1, pero o canteirán Rubén iguala ao vencer nun igualadisimo partido a Pedro López, pero de seguido as derrotas de Javi e Rubén poñen moi dificil sacar o econtro, e cando xa case non contabamos, Anthony vence ao 1 do equipo rival, a Guillermo Martinez por 2-3, igulando Javi para ir ao dobre, que venceron por 2-3 Anthony e Javi sobre Guillermo e Diamandi.

Esta victoria daba os primeiros puntos na categoría, e tamén tranquilidade á espera do encontro do domingo en Móstoles, que a priori era mais asequible, e así foi, que venceron por 5-1, con 2 puntos de Javi Benito, 2 de Anthony Olugbenga e 1 de Rubén García.

O que deixa ao equipo na zona media alta da táboa á espera de recibir ao equipo galego do Oroso TM Deporte Galego, o vindeiro sábado a partir das 17 horas no pavillón do CEIP San Xoan, onde agardamos que veñan a presenciar o debut na categoría na nosa cancha, e hencher a grada para animar e que o equipo siga na liña ascendente da fin de semana.





martes, 17 de novembro de 2015

MAIS QUE UN TRIUNFO HISTÓRICO



Formacións do encontro de Pontevedra, á esquerda María, Noa e Sandra


O EQUIPO SAE DE POSTOS DE DESCENSO


Dous puntos de Noa Fernández, un de María Calvo e un de Sandra Saarinen, permiten lograr a primeira victoria do equipo de división de honra feminina, logo do ascenso logrado na tempada pasada, e que ademais sitúa ao mesmo fóra dos postos de descenso, onde quedan precisamente o equipo rival neste caso Monte Porreiro e tamén o Cinania de Cangas do Morrazo.

DIVISIÓN DE HONOR FEMENINA GRUPO 01
 P 
EQUIPO
  EJ  
  EG  
  EP  
  PF  
  PC  
  PTOS  
1   ARTEAL 5 5 0 24 6 10
2   AUT. GRABANXA ABANCA 5 4 1 24 7 8
3   VASA ARROYO-CDO 4 3 1 17 7 6
4   A.D. VINCIOS / BADE 4 3 1 15 9 6
5   COVICSA-CTT SANTA EULARIA 4 3 1 15 10 6
6   PROYEM GASTEIZ 5 3 2 17 13 6
7   CIDADE DE NARÓN 5 2 3 11 20 4
8   CLUB SAN XOAN TM 6 1 5 13 24 2
9   SETGA MONTE PORREIRO 5 0 5 8 22 0
10   CINANIA FEMENINO 5 0 5 2 28 0
 
ACTA DEL PARTIDO CON FECHA : 15/11/2015 Jornada: 5
SETGA MONTE PORREIRO 2 CLUB SAN XOAN TM 4
NOELIA SANTIAGO B. MARIA CALVO R. 2-3
ELISABET CADILLA V. SANDRA SAARINEN . 3-2
VICTORIA CADILLA V. NOA FERNANDEZ H. 2-3
ELISABET CADILLA V. MARIA CALVO R. 3-2
NOELIA SANTIAGO B. NOA FERNANDEZ H. 1-3
VICTORIA CADILLA V. SANDRA SAARINEN . 2-3
 
PRIMEIRA NACIONAL MASCULINA
 
O primeiro equipo masculino suma e segue, logrando unha nova victoria por 6-0 diante do DEDALOS tinerfeño, logrando os puntos Cristóbal Fernández, Milos Savic e Rubén García.
 
Na segunda nacional os chavales sufriron unha abultada derrota no derbi, disputado en Caranza diante dos veteranos do Club Ferrol, por 6-0.
 
Na terceira nacional derrota por 2-4 diante do Milagrosa, logrando os dous puntos Ton Casal. Victoria en Lugo do equipo de primeira galega, Alberto Novo, Fer Orjales e Guillermo Santalla, lograron a victoria por 2-4, e finalmente na segunda galega derrota en Oleiros do equipo infantil por 5-1.