Alvaro Illobre tivo unha grande actuación |
DAVID MEIZOSO, ALVARO ILLOBRE E ALBERTO NOVO ELIMINADOS EN CUARTOS
Meizoso en senior e Alvaro e Alberto en discapacidade en cadeira, lograron chegar a cuartos de final.
Meizoso apuntaba a podium despois de vencer en grupo a xogadores da División de Honra, o que demostra que chega á parte final da tempada en bó estado de forma, o que vai ser preciso para lograr o obxectivo da permanencia na Primeira Nacional.
O que si é destacable é o resultado de Alvaro Illobre, quen logrou a clasificación en grupos, logo de vencer pola mínima ao navarro Senosiain, e ao madrileño Ordejón, e tamén ao navarro Senosiain, nun partido polémico, cunha arbitraxe vergonzosa, e que case lle custa a clasificación, pero a experiencia de Illobre en competición a nivel mundial, fixo que mantivese a mente centrada para remontar, a pesar de quitarlle o primeiro set por influencia e descoñecimento arbitral da aplicación das normas específicas dos xogadores con discapacidade en cadeira, e para o que tivemos que pedir o apoio da Xuiz Arbitro do Torneo Carmen Turrado quen nos deu a razón, pero o dano xa estaba feito.
A pesar de todo Alvaro venceu e meteuse con todo merecimento no cadro final, a pesar de ter un grupo difícil, xa que os dous finalistas foron o primeiro e segundo deste grupo 1.
Alberto Novo, demostrou a súa calidade e venceu no seu grupo, pero tivo mala sorte no sorteo, xa que o campión que pasou de segundo do grupo de Illobre, foi quen o deixou fora nos cuartos de final.
XUVENÍS
O xuvenil Rubén García, realizou un bo inicio de torneo ao vencer a todolos do seu grupo agás o primeiro do grupo o andaluz Antonio Chaves, pasa de segundo e a priori ten un factible enfrontamento co canario Vicente Pérez, que a pesar de partir do último de grupo, logrou o pase como terceiro, e quen logrou a remontada logo de ter Rubén ao seu favor un 2-1 (8-1), moi favorable para pasar á seguinte ronda de oitavos de final.
O outro xuvenil participante do club foi Victor Paez, quen únicamente venceu por 3-2 ao segundo do grupo o valenciano Pellicer, que partia de segundo e finalmente foi último, e Victor quinto. Era o seu primeiro Estatal e a pesar da dificultade do grupo 1 tivo unha aceptable actuación, pelexando para tentar unha clasificación para o cadro, que finalmente non foi posible cedendo por 3-1, 3-1, 3.0 e 3-0.
VETERANOS
A participación de Antonio Casal en máis de 50 e José Manuel Fernández en máis de 40 completaban a participación do club neste Torneo Estatal, e que finalmente non poideron acceder ao cadro, dada a igualdade e dificultade dos grupos nos que participaban, JM Fernández tivo opcións ata o final, pero non lle favoreceron outros resultados do grupo para poder pasar nun triple empate.