O EQUIPO FEMININO, AINDA SEN PUNTUAR, FOI DE MENOS A MAIS NA DIVISIÓN DE HONRA FEMININA
Vamos superando os atrancos físicos que afectaron e ainda afectan ás 3 xogadoras que teñen a misión de manter a categoría, pero en franca mellora.
O debut tivo lugar contra o potente Oroso e sen poder contar coa xogadora sueca Sandra Saarinen, que ven para tentar salvar a categoría, e no que caemos por un claro 0-6, logo o encontro co Cidade de Narón, e que moi igualado, finalmente perdimos por 3-4, pero loitando moito, sobre todo porque tanto María como Noa estaban tocadas físicamente dos seus xeonllos. Duas bazas fortes tivemos tamén na última fin de semana de outubro, indo o sábado a Gondomar, no que case forzamos o dobre a pesar de ter Vincios o equipo de gala, con Celia, Nadina e Inés, caendo por 2-4, que tamén sería o resultado o domingo 25 na casa co mellor equipo da categoría o Vasa Arroyo de Valladolid.
PRIMEIRA NACIONAL
Demasiado fácil ata agora para o primeiro equipo masculino formado por Milos Savic, Mateo Cibantos, Cristóbal Fernandez e Rubén García, que únicamente perderon un dos partidos individuais, ganando todolos encontros claramente.
SEGUNDA NACIONAL
Formado por Fernando López, Jonatan Suspes, Victor Paez (lesionado), Adrián Bereijo (lesionado) e Guillermo Santalla, e co apoio de Rubén García en dous encontros, levan duas victorias e duas derrotas, que lles permiten estar na metade da táboa, e agardamos que poidan manter a categoría, unha vez recuperen os seus efectivos.