******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******
Amosando publicacións coa etiqueta rfetm. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta rfetm. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de outubro de 2016

DIVISIÓN DE HONRA: NOVO TRIUNFO A DOMICILIO

PRIMEIRA VICTORIA NUN DERBI


O sábado 15 debutamos en cancha propria, no primeiro derbi da tempada na categoría, cunha derrota, notando a ausencia de Javier Benito, desta volta e na visita ao Monte Porreiro pontevedrés, si puido participar e foi imprescindible na victoria do equipo.
Os dous puntos acadados vencendo ao nixeriano Lawal Abiodun e Santi Prieto, xunto coas de Anthony sobre Nacho e o seu compatriota Lawal, decantaron o encontro para o equipo ferrolano, que se sitúa na quinta praza da táboa clasificatoria.
Unha mágoa Rubén que puido dar a primeira victoria do encontro ante Santi Prieto, pero finalmente cedeu por 3-2, ten que seguir o seu proceso de adaptación á categoria de prata nacional.

DIVISIÓN DE HONOR MASCULINA GRUPO 01

 P 
EQUIPO
  EJ  
  EG  
  EP  
  PF  
  PC  
  PTOS  
1  IRUN LEKA ENEA4401878
2  SAN SEBASTIAN DE LOS REYES43115106
3  OROSO TM DEPORTE GALEGO3301276
4  MONTE PORREIRO DEPORTE GALEGO53218136
5  CLUB SAN XOAN GALICIA SAUDABLE53216156
6  CTM PROGRESO42215114
7  ESTABLECIM. OTERO-CAMBADOS3211184
8  VILAGARCIA COCINAS BULTHAUP3211094
9  A.D. COLLADO MEDIANO41311142
10  C.T.M. EL ALAMO51410232
11  NOROESTE - LAS ROZAS4048170
12  C.T.M. MOSTOLES4047170


 JORNADA   1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11    TODAS    
 12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22 


mércores, 4 de novembro de 2015

BALANCE POSITIVO NO INICIO LIGUEIRO

O EQUIPO FEMININO, AINDA SEN PUNTUAR, FOI DE MENOS A MAIS NA DIVISIÓN DE HONRA FEMININA

Vamos superando os atrancos físicos que afectaron e ainda afectan ás 3 xogadoras que teñen a misión de manter a categoría, pero en franca mellora.

O debut tivo lugar contra o potente Oroso e sen poder contar coa xogadora sueca Sandra Saarinen, que ven para tentar salvar a categoría, e no que caemos por un claro 0-6, logo o encontro co Cidade de Narón, e que moi igualado, finalmente perdimos por 3-4, pero loitando moito, sobre todo porque tanto María como Noa estaban tocadas físicamente dos seus xeonllos. Duas bazas fortes tivemos tamén na última fin de semana de outubro, indo o sábado a Gondomar, no que case forzamos o dobre a pesar de ter Vincios o equipo de gala, con Celia, Nadina e Inés, caendo por 2-4, que tamén sería o resultado o domingo 25 na casa co mellor equipo da categoría o Vasa Arroyo de Valladolid.

PRIMEIRA NACIONAL

Demasiado fácil ata agora para o primeiro equipo masculino formado por Milos Savic, Mateo Cibantos, Cristóbal Fernandez e Rubén García, que únicamente perderon un dos partidos individuais, ganando todolos encontros claramente.

SEGUNDA NACIONAL

Formado por Fernando López, Jonatan Suspes, Victor Paez (lesionado), Adrián Bereijo (lesionado) e Guillermo Santalla, e co apoio de Rubén García en dous encontros, levan duas victorias e duas derrotas, que lles permiten estar na metade da táboa, e agardamos que poidan manter a categoría, unha vez recuperen os seus efectivos.


martes, 5 de maio de 2015

VAMOS Á FASE A DIVISIÓN DE HONRA MASCULINA

Cristóbal, Rubén e Mateo

A RENUNCIA DO HUÉTOR VEGA GRANADINO, PERMITENOS PARTICIPAR


A renuncia do equipo granadino do Huétor Vega, permitenos como mellor cuarto clasificado dos 6 grupos da liga regular (mellor coeficiente entre encontros gañados e perdidos e tamén en partidos individuais) participar na fase de ascenso á División de Honra masculina.

Dita fase terá lugar na cidade leridana de El Borges Blanques, os días 30 e 31 de maio.

O venres 29 ás 20 horas terá lugar o sorteo, no que entran 18 equipos, o sábado 30 ás 11,00 enfrontaranse os 6 primeiros de grupo da liga regular, entre si, para dilucidar tres prazas de ascenso, logo os que perden agardarán ao domingo os tres rivais que sairán, primeiro do enfrontamento entre segundos, terceiros e cuartos que subsitutuen ás renuncias, en dúas eliminatorias, sábado ás 11,00 e 

Polo tanto o noso equipo terá que superar 3 encontros eliminatorios, para poder lograr unha das tres prazas que disputan os 15 equipos restantes, unha vez resoltas as tres prazas entre os primeiros de grupo na liga regular.

xoves, 13 de novembro de 2014

GRAN VICTORIA EN VIGO


QUINTO TRIUNFO CONSECUTIVO

Non lle podemos pedir máis, o primeiro equipo do club co reforzo do veterano Mateo Cibantos veu de incrementar o nivel do equipo, o que fai que o mesmo siga invicto, e disposto a pelexar polos postos que dan acceso a disputar a fase de ascenso.

Ainda que visto o resultado final poidera parecer doado o trunfo en Vigo, nada máis lonxe, xa que os partidos individuais foron moi disputados, no primeiro Mateo venceu pola mínima a Miguel Cabaleiro, quen tamén xogou moi ben con Cristóbal, e a quen tiña case gañado, pero o noso xogador a pesar de ir perdendo 2-0 10-4, seguíu pelexando até realizar unha remontada épica, vencendo 2-3 finalmente.

O único partido que perderon foi o de Rubén García con Juan Lois, xogador aguerrido e cun xogo incómodo baseado no bloqueo activo por toda a mesa.

martes, 5 de novembro de 2013

BOS RESULTADOS NO ZONAL DE LALIN

Alberto Novo no centro e Alvaro Illobre á dereita

ALBERTO NOVO 1º, RUBÉN GARCÍA, ALVARO ILLOBRE E TON CASAL 3º

Ademais dos podiums mencionados, de Alberto Novo 1º e Alvaro Illobre 3º en cadeira, Rubén García 3º en xuvenil e Ton Casal 3º en veteranos, temos que destacar o 6º de Victor Paez en xuvenil e David Meizoso en Senior, todos eles clasifican para o Torneo Estatal a disputar en Valladolid na primeira fin de semana de febreiro.

O veterano José Manuel Fernández 9º, queda reserva, ao clasificar os 8 primeiros de cada categoría, pero con moitas posibilidades de acudir á cita nacional.

Rubén, segundo á dereita
Co que finalmente serían 7 os clasificados do club para o Torneo Estatal, o mellor resultado, xa que o ano anterior foron 4 os clasificados, na curta vida do club.

Ton Casal, segundo pola dereita

Parabéns aos clasificados do club, que van agrandando e espallando o nome do club pola xeografía española, e polo premio ao traballo levado a cabo.

Salientar o gran número de clasificados galegos, xa que houbo varias categorias nas que os podiums foron plenamente galegos, como os que vemos nas categorías.

Felicitar a todolos premiados e clasificados para o estatal, especialmente os galegos e galegas, e dentro destes aos veciños de Narón, que tiveron varios podiums, como Belén Sañudo e Claudia Canay primeiras, Jorge Martin segundo e Santi Otero e Anxo Martín terceiros, e tamén clasificados para o Estatal, Diandra Cobelo, Pablo Romero,..

Agora a centrarse nas ligas que temos nesta fin de semana, e que xogan todolos equipos do club.

venres, 12 de xullo de 2013

A RFETM PUBLICA NOVO PRAZO PARA A PRIMEIRA FEMININA

ATÉ O 22 DE XULLO ÁS 15 HORAS

A Federación Española de Tenis de Mesa, acaba de comunicar unha ampliación da circular 62, denominada 62bis, na que informa de como proceder á inscrición de equipos en liga de 1ª feminina, dacordo co cambio de sistema de xogo a corbillón, aprobado na asemblea do pasado domingo en Madrid.

xoves, 11 de xullo de 2013

A RFETM VAI AMPLIAR O PRAZO PARA A PRIMEIRA FEMININA


A Federación, públicara no día de hoxe un novo prazo, para poder inscribir equipos da Primeira Nacional Feminina.
Belén e María do equipo de 1ª

domingo, 12 de maio de 2013

FASE DE ASCENSO A PRIMEIRA NACIONAL EN SAN XOAN

Cartaz do evento
Participan 15 equipos de toda España

O vindeiro sábado 18 e domingo 19, o Club San Xoan organiza, por concesión da Federación Española, a fase de ascenso á PRIMEIRA NACIONAL MASCULINA.
Participan os equipos de RECTA FINAL (Asturias), ALMOSTER e TRAMUNTANA FIGUERES (Cataluña), LAS ROZAS, RIVAS PROMESAS e ALUCHE (Madrid), RECREATIVOS XÁTIVA (Comunidade Valenciana), CTM BASAURI (Euzkadi), AD TRES BALCONES (Extremadura), MIJAS-EL PARAISO FIESTAS e CHICLANA VIPREM (Andalucía), CTM TOLEDO (Castela A Mancha), CEIBE MONFORTE (Lugo), MONTE PORREIRO (Pontevedra) e o CLUB SAN XOAN TENIS DE MESA, como equipo anfitrión.

venres, 15 de febreiro de 2013

SORTEOS PROVISIONAIS CAMPIONATOS DE ESPAÑA

A RFETM, publicou os sorteos provisionais de equipos, individuais e dobres de todalas categorias, agás a absoluta, e que podedes consultar completos, picando aqui

martes, 12 de febreiro de 2013

CAMPIONATOS DE ESPAÑA

Este club quere informar que ten realizados os pagos das inscripcións para os Campionatos de España, tal e como xa ten aclarado coa Real Federación Española de Tenis de Mesa, coa fin de infundir tranquilidade aos xogadores e xogadoras inscritos para os mesmos.

xoves, 27 de decembro de 2012

A RFETM PUBLICA CONVOCATORIA DO ESTATAL

8, 9 e 10 de febreiro en Valladolid

A Federación Española, convoca o estatal de todalas categorias.
O prazo de inscrición dos clasificados finaliza o 15 de xaneiro. 
Representarán a San Xoan no citado evento, Diego Quintero en senior masculino, Patricia Paulino en Absoluta feminina, Noa Fernández en xuvenil feminina e José Manuel Fernández en veteranos +40.

Podedes consultar a convocatoria aqui.

luns, 17 de decembro de 2012

O CLUB SAN XOAN NA ASEMBLEA DA RFETM



CON APENAS CATRO ANOS DE VIDA


O vindeiro 29 de decembro o Club San Xoán estará por primeira vez na asemblea da Real Federación Española de Tenis de Mesa, representando os intereses do tenis de mesa galego en dita asemblea xunto cos clubs Arteal e Helios Bembrive, ademais dos representantes de xogadores e árbitros, elexidos o mes pasado, nun proceso que sucedeu sen que a maioria se decatase, a democracia participativa, semella non interesar nos últimos tempos.
Traballaremos para que o vindeiro proceso sexa diferente.

Tamén trataremos de ser voceiros das inquedanzas dos clubes galegos, en dita asemblea, coa fin de que os problemas non fiquen na casa e sexan escoitados nos foros correspondentes.