******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******
Amosando publicacións coa etiqueta ruben garcia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ruben garcia. Amosar todas as publicacións

venres, 2 de decembro de 2016

PRIMEIRA VICTORIA LOCAL NA DIVISIÓN DE HONRA

Os equipos antes de inciar o encontro, á dereita Rubén, Javi e Anthony

O EQUIPO FEMININO TROUXO PLENO DE AVILÉS

Grande fin de semana, no que coa primeira victoria na casa o equipo masculino de División de Honra, situase comodamente con oito puntos na clasificación, gracias á victoria lograda diante do equipo madrileño de Collado Mediano.
Os puntos de Olugbenga e Javi Benito superaron ao equipo liderado por Carneros, que seguirá a pelexar por sair dos postos perigosos.

PRIMEIRA NACIONAL FEMININA

Tamén hai que felicitar ás 3 sub23 que formaron o equipo feminino na visita a Avilés onde se disputaba a segunda das concentracións da liga, Saleta López, Andrea Valiño e Noa Fernández, e que saldaron con pleno de victorias, primeiro ao anfitrión por 3-4, e tamén o sábado a Padre Isla de León por 1-5. Salientar que para vencer a Avilés tiveron que remontar un 3-1 adverso, o que dá mais mérito á victoria.

Para finalizar o domingo venceron tamén a Luarca por idéntico resultado de 1-5

















martes, 24 de novembro de 2015

OITAVO TRIUNFO CONSECUTIVO NA PRIMEIRA NACIONAL

Un intre dos encontros disputados o pasado domingo

O terceiro equipo canario, Casino La Laguan, pasou polo pavillón de San Xoán, e non foi quen de impedir a ibatibilidade do primeiro equipo masculino, que novamente venceu claramente por 5-1, un novo resultado cómodo, a falta de 2 xornada para finalizar a primeira volta da liga.
 
Só tres partidos individuais cederon os nosos, cando a liga se aproxima ao seu ecudador,e que pon moi de cara a disputa da fase de ascenso por segundo ano consecutivo, pero que de momento coa vantaxe de ser primeros de grupo, o que permite mellores opcións de ascenso, obxectivo do club para ésta tempada.

Tamén xogaron os equipos de Segunda Nacional, que saíu derrotado por 1-5 o pasado sábado, no noso pavillón, logrando o punto Jonatan Suspes diante de Pablo López.

Na terceira nacional, un novo empate co Ribadeo, con puntos de Ton Casal, un e Fernando García dous. Tamén empatou o equipo de Primeira Galega, diante do Vilalba Veteranos, con puntos de Fernando Orjales, Alberto Novo e Guillermo Santalla.

Para rematar o equipo infantil sufriu unha nova derrota por 0-6, no que xogaron Marco Salzano, Alvaro Martinez, Fran Pérez e Nuno Baamonde.