******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******
Amosando publicacións coa etiqueta san xoan tenis de mesa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta san xoan tenis de mesa. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de agosto de 2016

BOA TEMPADA 2015-16

Recepción polo ascenso do equipo masculino á División de Honra

OS LOGROS ACADADOS

O logro mais importante desta tempada que rematou a finais de xuño, foi o ascenso á División de Honra Nacional do primeiro equipo masculino, éxito que xa lograra o primeiro equipo feminino, o ano anterior, ainda que nesta voltou á Primeira Nacional.
Para iso contribuiron o canteirán Rubén García, o tamén adestrador do club e ferrolano Cristóbal Fernández, o granadino Mateo Cibantos e o serbio Milos Savic.

Pero tamén temos que destacar O Campionato de España individual acadado por Mateo Cibantos en Sevilla, así como finalizar entre os 32 mellores do mundo no Campionato disputado en Elche e Alicante.

E ainda que foi o subcampionato, destacamos como importante para o club o acadado no campioanto Galego Pre-benxamin, por Xoan Vila, con 8 anos e sendo a súa primeira tempada neste deporte.

Tamén Noa Fernández do equipo de DHF, logrou un bronce en dobres acompañada pola xogadora do Oroso TM, Silvia Alvarez, e quedando ás portas dos metais na modalidade individual.

Tamén salientar que como club inclusivo, o equipo San Xoan - ADM Ferrolterra, logrou o ascenso á Terceira Nacional Masculina.

Na parte negativa o descenso do segundo equipo masculino da Segunda Nacional.


PROMOCIÓN DO TENIS DE MESA

Salientar que o club levou a cabo duas semanas de promoción entre os escolares dos municipios de Ares e Mugardos, con un grande éxito de acollida.

Iso dou lugar a xerar un convenio para unha escola deportiva a partir de outubro en Ares, e tamén se está a levar a cabo unha de verán no Casino Mugardés, onde tamén os veteranos participaron na pasada tempada na liga de veteranos, e na tempada 16-17 participarán nas ligas galegas, na 2ª categoría, con dous equipos.

martes, 29 de decembro de 2015

I TORNEO CASINO MUGARDÉS

Un intre da Final entre Tuto e Conner
O pasado sábado 12 de decembro un grupo de veteranos do Casino Mugardés, disputou un torneo, organizado por membros do Club San Xoan, coa fin de poder recuperar éste deporte na vila, e a idea de participar na vindeira tempada nas ligas federadas, ademáis de crear una escola deportiva.
O gañador nembargantes foi un auxiliar de conversa de Nova Iorque, que venceu na final ao local Tuto.

martes, 29 de setembro de 2015

FERNANDO ORJALES CAMPION SUB23 EN CANGAS

Fernando Orjales no centro do podium

VENCEU NA FINAL AO CORUÑÉS GABRIEL FERNÁNDEZ.

Este triunfo confirma a boa progresión do xuvenil Fernado Orjales, que apenas leva dous anos no club, e que procedía da natación, pero que ten unha capacidade de aprendizaxe moi boa, e agardamos que siga escalando nas diferentes categorias a través dos equipos do club.

Nesta tempada vai xogar na Primeira División Galega, logo do ascenso acadado a tempada anterior, formando equipo con Alberto Novo e María Calvo.

Queremos desde aqui felicitalo e animalo a seguir con esa tesón para acadar grandes metas.

martes, 5 de maio de 2015

CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO

Noa Fernández

DISPUTARAN-SE DO 11 AO 13 DE MAIO EN CARTAGENA

A xogadora Noa Fernández, que contribuiu no equipo de Primeira Nacional Feminina ao ascenso á División de Honra, hai unha semana, vai representar á UNED, no Campionato de España universitario de tenis de mesa.

O mesmo vai ter lugar na cidade murciana de Cartagena, do 11 ao 13 de maio.

Desde o club desexamos-lle unha boa competición e que acade os mellores resultados posibles.