******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******
Amosando publicacións coa etiqueta seleccións galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta seleccións galegas. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de marzo de 2014

RUBEN GARCIA: BON PAPEL EN PORTUGAL

Rubén realizando un servizo no Torneo da Póvoa

REMATA SEGUNDO POR EQUIPOS SUB21 E EN OITAVOS NA PROBA INDIVIDUAL ABSOLUTA, MELLOR GALEGO NESTA PROBA. DÉCIMO CUARTO LUGAR ENTRE MAIS DE 200 PARTICIPANTES.

Ainda sendo xuvenil de último ano, realizou un bo torneo clasificando primeiro do seu grupo na primeira fase, tanto na proba sub21 como na absoluta.
O sábado logo de pasar nos dezaseisavos directamente a oitavos ao ser primeiro do grupo 1, tópase en oitavos de final con João Seduvem, gran atleta do Sporting de Lisboa, que á postre foi o subcampión, e que deixou fora da competición ao noso representante.
O domingo na proba absoluta pasa tamén primeiro de grupo e pasando a un cadro de 64 xogadores en trintaedousavos de final, pasando comodo a dezaseis por 3-0 e tendo máis dificultade para o pase a oitavos, xa que gañaba 2-0 e finalmente tivo que ir ao quinto vencendo por 3-2 a un veterano xogador portugués. Nos oitavos tivo que enfrontarse ao senior Ivo Silva, un dos mellores xogadores portugueses e quen venceu claramente a Rubén, que remataba a súa segunda participación neste torneo, cun bo sabor de boca, e que lle serve de bon test para finalizar a tempada ligueira e logo cos campionatos galegos e de España.

mércores, 12 de marzo de 2014

RUBÉN GARCÍA NOVAMENTE COA SELECCIÓN GALEGA


UNHA NOVA INTERNACIONALIDADE EN PORTUGAL

A Federación Galega convoca unha vez máis á Rubén, un dos pilares do equipo de Primeira Nacional, xunto con Cristóbal e David.
Cuarta convocatoria e terceira a nivel internacional, que é un premio ao seu traballo e unha motivación para seguir progresando neste dificil deporte. Ánimo Rubén.

Nesta ocasión forma parte da Selección Galega sub21, xunto con Marcos Sanmartin de Helios Bembrive de Vigo, Fernando Padin de Cambados, Carlos Dominguez de Oroso e Martin Pintos de Vincios de Gondomar, para representar a Galicia no XVI Torneio Internacional da Póvoa de Varzim en Portugal.

venres, 19 de xullo de 2013

AS SELECCIÓNS GALEGAS NA WEB DA SECRETARIA XERAL


O TENIS DE MESA PROTAGONISTA

Na web do Deporte Escolar Galego, da Secretaría Xeral para o Deporte, fanse eco dos éxitos dos rapaces e rapazas galegos que representaban a Galicia no Campionato de España en Badajoz.

Podedes velo, pinchando aquí


sábado, 6 de xullo de 2013

SANTI OTERO, BRONCE COA SELECCIÓN GALEGA INFANTIL EN BADAJOZ

Selección Infantil, Santi 2º pola dereita

ADEMAIS EN INDIVIDUAL ENTRE OS 8 MELLORES


Era a súa segunda convocatoria, e terceiro podium, Santi liderou a selección infantil, demostrando a súa progresión, e perdendo en cuartos co que finalmente foi o campión, o valenciano Iván Pérez.

Belén Sañudo, foi a xogadora que representou a comarca na selección galega cadete, que finalmente foi quinta, logo dun comezo regular, na fase de grupos. En individual, caeu en oitavos de final coa murciana Cristina Herrera.

domingo, 30 de xuño de 2013

FERROLTERRA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Ferrolterra estará representada en Badajoz, cidade que acolle o Campionato de España infantil e cadete, na que participarán as seleccións galegas masculina e feminina.

Na selección infantil masculina formará Santiago Otero do Cidade de Narón, e na cadete feminina Belén Sañudo, do equipo de primeira nacional San Xoan - Cidade de Narón.

Ademáis na parte técnica estarán os naroneses Adrián Vidal e David Meizoso, acompañados polo presidente do club Manolo Fernández.
Ademáis acompaña para formar parte do equipo arbitral Noa Fernández.

Polo tanto representación en todalas facetas.

Agora agardar un bo papel e poder traer algún dos títulos en xogo.