******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******
Amosando publicacións coa etiqueta zonal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta zonal. Amosar todas as publicacións

martes, 5 de novembro de 2013

BOS RESULTADOS NO ZONAL DE LALIN

Alberto Novo no centro e Alvaro Illobre á dereita

ALBERTO NOVO 1º, RUBÉN GARCÍA, ALVARO ILLOBRE E TON CASAL 3º

Ademais dos podiums mencionados, de Alberto Novo 1º e Alvaro Illobre 3º en cadeira, Rubén García 3º en xuvenil e Ton Casal 3º en veteranos, temos que destacar o 6º de Victor Paez en xuvenil e David Meizoso en Senior, todos eles clasifican para o Torneo Estatal a disputar en Valladolid na primeira fin de semana de febreiro.

O veterano José Manuel Fernández 9º, queda reserva, ao clasificar os 8 primeiros de cada categoría, pero con moitas posibilidades de acudir á cita nacional.

Rubén, segundo á dereita
Co que finalmente serían 7 os clasificados do club para o Torneo Estatal, o mellor resultado, xa que o ano anterior foron 4 os clasificados, na curta vida do club.

Ton Casal, segundo pola dereita

Parabéns aos clasificados do club, que van agrandando e espallando o nome do club pola xeografía española, e polo premio ao traballo levado a cabo.

Salientar o gran número de clasificados galegos, xa que houbo varias categorias nas que os podiums foron plenamente galegos, como os que vemos nas categorías.

Felicitar a todolos premiados e clasificados para o estatal, especialmente os galegos e galegas, e dentro destes aos veciños de Narón, que tiveron varios podiums, como Belén Sañudo e Claudia Canay primeiras, Jorge Martin segundo e Santi Otero e Anxo Martín terceiros, e tamén clasificados para o Estatal, Diandra Cobelo, Pablo Romero,..

Agora a centrarse nas ligas que temos nesta fin de semana, e que xogan todolos equipos do club.

sábado, 26 de outubro de 2013

O VINDEIRO 31 AO ZONAL A LALIN

Cartaz do zonal

PARTICIPAREMOS EN VARIAS CATEGORÍAS

O vindeiro xoves 31 de outubro marcharemos para Lalín, a colaborar na montaxe e preparativos do Lalín Arena, en colaboración coa FGTM e o Concello de Lalín.

O Club San Xoan vai participar nas categorías alevin, infantil, xuvenil, senior, veteranos e discapacidade física (open cadeira).

Desexamos unha boa viaxe e estancia aos participantes alleos á Comunidade Galega, e que disfruten de Galiza e dos seus productos á par do evento que se disputa por terceiro ano consecutivo nas magnificas instalacións do Lalín Arena.