O pasado sábado xuntamonos a maioria dos membros do club, nunha cea a base de churrasco, feita nas instalacións do colexio San Xoan, que é a nosa sede social, e á que acudiron tamén os pais e nais de varios dos rapaces.
Foi o peche a unha intensa tempada, na que entre outras cousas conseguiuse o obxectivo de ascender a dous equipos, un a Segunda Nacional Masculina, para recuperar a categoría perdida o ano anteriro, e outro a Seguda Galega, e onde lles fixemos precisamente a presentación oficial do blog, no que a partir de agora iremos contandovos cousas, información e o día a día deste modesto club,
Sinalar que podedes enviar infomación para que entre todos fagamos deste blog unha ferramenta de información e interrelación, e na que o tenis de mesa é o que nos une.
Lembrade que podedes compartir o que vaiamos publicando, nas redes sociais das que formamos parte, polo de agora, facebook, twitter, google+, e mais adiante tamén en tuenti.
Boas vacacións, e pensade que en breve xa temos o circuito de torneos e tamén o campamento de verán que organizamos en colaboración coa Federación Galega.
Ningún comentario :
Publicar un comentario