******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

mércores, 29 de agosto de 2012

CIRCUITO GALEGO

Diego Quintero 2º en Monforte
Amigos e amigas, disculpade a demora en actualizarnos, a partir de agora vamos procurar estar ao día.

Como indicamos no título segue a actividade competitiva cos torneos do Circuito Galego, despois do de Monforte, no que o que vai ser xogador do club a partir desta tempada que comezaremos en cuestión de días, Diego Quintero, acadou o 2º posto despois dunha disputada final con Martín González (3-2) de Arteal, que está nun bo momento de forma, e apeando en semis a Ignacio Fernández, xogador do equipo de DH de Monte Porreiro, tamén noutro disputado 3-2.
Neste mesmo torneo Rubén García tamén nos dou unha grande alegría ao vencer en dezaseisavos a José Manuel Barros de Padre Isla de León, bo xogador defensivo, ao que Rubén venceu cunha claridade absoluta por 3-0.
Eles foron os mellores clasificados xunto con José Manuel Fernández (Golán), e tamén participaron Fernando García, Antonio Casal, Victor Paez e Fernando López.

Logo continuou a actividade co Torneo da Coruña, organizado polo Club do Mar, onde o sábado Rubén García acadou o 2º posto en xuvenil, como resultado mais destacado, e o domingo Diego Quintero foi o mais destacado apeado en 1/4 polo nixeriano Lawai Abioudum.

Finalmente o pasado fin de semana disputouse o mítico Torneo do Albariñó en Cambados, onde o resultado máis destacado o domingo foron os veteranos Fernando García e José Manuel Fernández apeados en 1/8 da categoría conxunta de veteranos, e o sábado Rubén García quen quedou apeado en  absoluto masculino por Fernando Padín de Cambados nos 1/16 de final.

Ningún comentario :

Publicar un comentario