******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

martes, 2 de outubro de 2012

COMEZAN AS LIGAS 2012-13

Victor, Fer, Patri e Iván
Os equipos de 1ª e 2ª divisións galegas, debutan con victoria


Comezaron as ligas, nas que nesta tempada contamos por primeira vez nos 3 anos de vida deste club, con equipos en Segunda Nacional Masculina, e as tres categorias galegas.
O equipo de Segunda Nacional comezaba a tempada con descanso na primeira xornada, e o de 3ª galega comeza o vindeiro sábado día 6 ás 17 horas no Pavillón do CEIP San Xoan.


En 1ª Galega xogaron José Manuel Fernández (Golán), Jaime Martinez e Fernando García, o mesmo equipo que na tempada anterior, e que superaron ao Narón TM por 2-5, puntuando Golán 2, Jaime 1, Fernando 1 e o dobre formado por Jaime e Golán, únicamente Jaime e Fernando perderon os seus partidos con Jorge Martín, quen debería estar xogando no equipo de Narón de 1ª nacional, e que por diversos motivos o club Narón tivo que retirar a última hora, pero que non foi suficiente para evitar que os puntos en xogo pasasen ao noso casilleiro.


Na segunda categoría autonómica debutaban Victor, Fer e Patri, na foto acompañados por Iván novo pre-benxamin do club, despois do ascenso acadado o ano pasado como campións de grupo. O resultado foi apretado como se previa, xa que despois da derrota de Patri e Victor nos dous primeiros partidos con Dani Bellas e José Medín respectivamente, Fer no individual e no dobre con Victor, igualaban o choque, quedaban 3 partidos, Patri, ainda xogando ben, voltaba perder nesta ocasión con José Medín, que colocaban o 3-2 a favor do Ferrol TM, pero Fer e Victor dabanlle a volta vencendo apretadamente a Dani Bellas e Diego Leal respectivamente, que daban os primeiros puntos aos nosos xovenes, coa fin de que vaian collendo confianza na nova categoría para eles.

Salientar a grande presenza de afeccionados do San Xoan TM, na cancha do Ferrol TM, que superaban en número e animaron constantemente e colaboraron na victoria lograda, grazas a todos.

Ningún comentario :

Publicar un comentario