![]() |
| Cartaz do evento |
Participan 15 equipos de toda España
O vindeiro sábado 18 e domingo 19, o Club San Xoan organiza, por concesión da Federación Española, a fase de ascenso á PRIMEIRA NACIONAL MASCULINA.
Participan os equipos de RECTA FINAL (Asturias), ALMOSTER e TRAMUNTANA FIGUERES (Cataluña), LAS ROZAS, RIVAS PROMESAS e ALUCHE (Madrid), RECREATIVOS XÁTIVA (Comunidade Valenciana), CTM BASAURI (Euzkadi), AD TRES BALCONES (Extremadura), MIJAS-EL PARAISO FIESTAS e CHICLANA VIPREM (Andalucía), CTM TOLEDO (Castela A Mancha), CEIBE MONFORTE (Lugo), MONTE PORREIRO (Pontevedra) e o CLUB SAN XOAN TENIS DE MESA, como equipo anfitrión.
Os primeiros de grupo ascenden directamente á Primeira Nacional, os segundos enfrontaranse, por sorteo, entre sí, o domingo 19 ás 10,00, e os dous gañadores tamén ascenderán á Primeira Nacional.
Os perdedores quedarán como reservas, asemade dos terceiros que se enfrontarán tamén o domingo do mesmo xeito, para establecer a orde dos seguintes reservas.
Os cuartos clasificados dos grupos de catro, finalizan a súa participación na fase o sábado, ao igual que os primeiros.

Ningún comentario :
Publicar un comentario