Hoxe ten lugar a disputa do II Torneo "Cidade de Ferrol", no que participarán máis de 200 xogadores e xogadoras, disputando todalas categorías, agás a absoluta que se disputa mañá domingo, con participación de xogadores e xogadoras do club na meirande parte delas.
Suliñar a participación de Elvira Nevado en xuvenil e absoluto, xogadora da AD Tres Balcones de Cáceres.
II CAMPIONATO GALEGO DE DISCAPACIDADE INTELECTUAL
Dispútase ademais paralelamente nas instalacións do pavillón do CEIP SAN XOAN, a segunda edición do campionato de discapacidade intelectual, cun incremento da participación, no que tamén haberá representación do club.

Ningún comentario :
Publicar un comentario