ATÉ O 22 DE XULLO ÁS 15 HORAS
A Federación Española de Tenis de Mesa, acaba de comunicar unha ampliación da circular 62, denominada 62bis, na que informa de como proceder á inscrición de equipos en liga de 1ª feminina, dacordo co cambio de sistema de xogo a corbillón, aprobado na asemblea do pasado domingo en Madrid.
Salientar que o número de licenzas por equipo son 4, agás que o club teña equipo na categoría superior.
A cuota de inscrición é de 154 € e un aval de 500 €, segundo o modelo que acompaña a circular, e que ten que redactar textualmente a entidade bancaria coa que traballe o club que inscriba.
Salientar que a liga se vai disputar por pequenas concentracións, e que as nenas poderán xogar as ligas galegas.

Ningún comentario :
Publicar un comentario