******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

venres, 11 de outubro de 2013

FIN DE SEMANA DE DEBUT

NA PRIMEIRA NACIONAL E POR PARTIDA DOBRE


Este club vaise facendo cada ano que pasa un chisco máis grande, e así na segunda xornada facemos o debut na Primeira Nacional Maculina, despois do ascenso acadado en cancha propria no pasado mes de maio.

Rubén García, David Meizoso e Cristóbal Fernández, van tela responsabilidade de acadar o obxectivo mínimo da permanencia.

É un debut con exixencia, diante dun rival difícil, como é o CTM Torrelavega, e que tentaremos complicarlles a loita polos primeiros puntos.

O domingo Padre Isla-Sariegos é o rival, con mestura de veteranía e xuventude, e que tamén nos poñerá a victoria moi cara.

3ª NACIONAL

O pasado domingo o equipo formado por Ton, Victor e Jonathan, tivo un plácido comezo de liga diante dos veteranos da SD Hípica, por un claro 7-0, que os sitúa colideres co rival deste domingo, o Naronense, nun derbi igualado entre dous candidatos ao ascenso.

Ningún comentario :

Publicar un comentario