![]() |
| Alberto Novo, fundamental nos resultdos do equipo |
SEGUNDA VICTORIA QUE O COLOCA SEGUNDO NA TÁBOA DA SEGUNDA GALEGA
Ainda que pola mínima o equipo formado en parte por xogadores con discapacidade física, logrou a segunda victoria consecutiva, que o coloca na segunda posición da táboa, repetiron Alberto Novo, Fran Pérez e Manolo Fernández, acadando Alberto 2 puntos, Fran 1 e o dobre de Fran e Manolo, que foi decisivo, diante do Breogán Oleiros G, formado por veteranas, Inma Mora, Gloria Peral e Viqui.
O INFANTIL SUCUMBIU DIANTE DOS INFANTÍS DO CLUB DO MAR
Kevin, Yeray e Nuno, de saída, cun xogo lento e sen ambición, como se a mañá do domingo se lles fixera moi pesada para xogar, non foron quen nin de sacar o punto da honra.
O aspecto positivo foi o debut de Fernando Orjales, novo xogador infantil, que leva un par de semanas adestrando, e que ainda perdendo, polo menos tivo unha boa actitude na mesa.
| Posto | Equipos | EX | EG | EP | PF | PC | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Club del Mar Infantil | 2 | 2 | 0 | 11 | 3 | 4 |
| 2 | San Xoán T.M. Adm Ferrolterra | 2 | 2 | 0 | 8 | 6 | 4 |
| 3 | Hipica Metrosidero | 1 | 1 | 0 | 4 | 3 | 2 |
| 4 | C.T.M. Coruña | 2 | 1 | 1 | 8 | 6 | 2 |
| 5 | Breogán Oleiros "E" | 2 | 1 | 1 | 8 | 6 | 2 |
| 6 | Grumico S.D | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
| 7 | Ferrol Promesas | 1 | 0 | 1 | 3 | 4 | 0 |
| 8 | Breogán Oleiros "G" | 2 | 0 | 2 | 4 | 10 | 0 |
| 9 | San Xoán T.M. Infantil | 2 | 0 | 2 | 3 | 11 | 0 |

Ningún comentario :
Publicar un comentario