![]() |
| Fernando, Jaime e Golán |
PRIMEIRO ENCONTRO DIANTE DO PISUERGA DE VALLADOLID
Debido a diversos factores, entre outros a insolidariedade incomprensible de diversos clubs, e coa fin de que equipos ficaran sen xogar por esa cerrazón dos seus dirixentes, éste club xunto con Narón e Cidade de Narón, optamos por acceder a disputar a liga no GRUPO 2 da Segunda Nacional, pero cuns condicionantes que finalmente a RFETM aceptou.
Isto significa que un grupo de 10 equipos cunha distancias moi longas en varios casos, provoca que se disputen dobres e triples desprazamentos dos mesmos, xogando en semanas alternas e con máis de unha de descanso como ocurriu neste caso.
Queremos salientar, que a pesar do que indica na clasificación na web da RFETM, deste grupo só descenden 2 equipos, agardemos evitar ser un deles, polo que desexamos ver un bo comezo do noso segundo equipo.

Ningún comentario :
Publicar un comentario