2-4 EN GONDOMAR PREVIO A MES E MEDIO DE DESCANSO
O primeiro equipo do club, logrou unha nova victoria diante dun equipo equilibrado como o AD Vincios, formado por Samuel Pereiro, Martin Pintos e Rafael Otero.
A incertidume mantivose até o final, xa que a derrota por 3-2 de David con Samuel, que por certo tivo bolas de partido no 3º e no 5º sets, fixo que o cuarto punto que da a victoria no encontro non fora até o último, no que Rubén, nun bo partido, gañou a Rafael Otero, por 3-1.
|
| A.D.VINCIOS | 2 | CLUB SAN XOAN TM | 4 |

Ningún comentario :
Publicar un comentario