![]() |
| Alberto Novo, xoga no equipo San Xoan ADM |
Hoxe Segunda Nacional e Segunda Galega, mañá Terceira Nacional
Despois da boa fin de semana pasada con tres victorias na primeira, segunda e terceira nacional, que sirven para motivar na consecución dos obxectivos, logo dunha xeira de malos resultados, cos que non contabamos.
Hai que salientar a incorporación de Cristóbal ao primeiro equipo, xogador fundamental do mesmo, que notou moito a súa falta nos últimos dous meses.
Hoxe o segundo equipo do club, pode consolidar a permanencia, ou case, de gañar ao Zamora, que tamén está na loita por evitar o descenso, hoxe ás 16 horas no pavillón de San Xoan.
Na Terceira nacional, mañá domingo ás 11 encontro ante o Anorthosis Vimianzo, o equipo Xuvenil, non debería ter problema para acadar os 2 puntos.
Por último hoxe sábado ás 17 horas o equipo formado en gran parte por xogadores do ADM, disputará o derbi ante o segundo clasificado o Ferrol Promesas.

Ningún comentario :
Publicar un comentario