******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

mércores, 16 de xullo de 2014

Asemblea Xeral da FGTM

Celebraronse no día de onte martes en Santiago, as Asembleas xerais anuais da Federación Galega, á que asistiu o presidente Manolo Fernández representando ao club na Comisión Delegada e na Asemblea. Na Asemblea ordinaria aprobaronse as contas e actividades realizadas na tempada que acaba de rematar, así como tamén o orzamento e calendario de actividades 2014-2015, e

salientando que os dobres nos campionatos se disputarán ao mellor de 5 sets a partir de cuartos, e na proba de equipos haberá unha primeir a fase de equipos. Tamén se suprime a categoría cadete, pasando a selas categorías iguais que as da Federación Española.

Polo que respecta ás ligas o sistema de xogo nas ligas de Terceira Nacional e Ligas Galegas, será o mesmo ca o das Ligas Nacionais, ou sexa co dobre ao final en caso de empate unicamente.

En breve publicaremos mais información.

Na asemblea extraordinaria, aprobouse o Regulamento Electoral que se envía á Secretaría Xeral para o Deporte coa fin de que valide o mesmo, así como o calendario e a Xunta electoral.

Ningún comentario :

Publicar un comentario