******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

martes, 16 de setembro de 2014

ELECCIÓNS A MEMBROS DA FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS DE MESA

O pasado 8 de setembro publicouse a convocatoria a elección de membros da asemblea xeral, Presidente e Comisión Delegada da Federación Galega, xunto cos censos correspondentes, que podedes consultar na web www.fgtm.es.

Reproducimos o calendario electoral

Anexo I. Calendario electoral

01-09-2014 Comunicación da convocatoria ás entidades deportivas e a Secretaría Xeral para o Deporte.
08-09-2014
Convocatoria eleccións.
Publicación do Regulamento electoral.
Publicación do Calendario electoral.
Publicación dos Censos provisionais.
Inicio do prazo para reclamacións ao censo e/ou modificación de datos.
Inicio do prazo para que as persoas que figuren en dous ou mási censos opten ante a Xunta Electoral por cal
deles desexen participar no proceso electoral.
Inicio do prazo para renunciar a ser membro nato polo estamento de entidades deportivas.
Inicio do prazo para solicitar o voto por correo.
26-09-2014
Fin do prazo para reclamacións ao censo e/ou modificación de datos.
Fin do prazo para renunciar a ser membro nato polo estamento de entidades deportivas.
Fin do prazo para que as persoas que figuren en dous ou máis censos opten ante a Xunta Electoral por caldeles queren participar no proceso electoral.
30-09-2014
Resolución das reclamacións e exposición dos Censos definitivos, con concreción das prazas que corresponden
a cada estamento.
Inicio do prazo para presentación de candidatos a membros da Asemblea.
02-10-2014 Fin do prazo petición do exercicio do voto por correo.
07-10-2014 Fin do prazo de presentación de candidatos á Asemblea.
10-10-2014
Publicación das listas provisionais de candidatos á Asemblea.
Publicación da lista de persoas autorizadas ao voto por correo, e envío da mesma á Secretaría Xeral para o
Deporte.
Inicio do prazo de reclamación ás listas provisionais de candidatos á Asemblea.
11-10-2014 Fin do prazo de reclamación ás listas provisionais de candidatos á Asemblea.
13-10-2014 Sorteo para determinar os membros das diferentes mesas electorais.
14-10-2014
Publicación dos resultados das composicións das mesas electorais.
Resolución das reclamacións presentadas e publicación das listas definitivas de candidatos á Asemblea.
16-10-2014 Fin do prazo para remitir aos solicitantes os papeis para o voto por correo.
20-10-2014 Fin do prazo para depositar os votos en correos.
27-10-2014 Fin do prazo para comunicación dos interventores.
30-10-2014 Votación a membros da Asemblea.
03-11-2014
Proclamación provisional dos resultados das votacións a membros da Asemblea.
Inicio do prazo de reclamacións aos resultados provisionais.
05-11-2014 Fin do prazo de reclamacións aos resultados das votacións a membros da Asemblea.

Ningún comentario :

Publicar un comentario