******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

venres, 7 de novembro de 2014

CAMPO A TRAVÉS EN ESMELLE

Carlos Morandeira e Daniel Barrán á esquerda

DEBUT DA NOVA SECCIÓN DE ATLETISMO

Coa fin de dar cobertura á participación deportiva dos nenos e nenas, o club quere dar cabida a novas disciplinas deportivas, neste caso o atletismo, ainda que o tenis de mesa sexa o deporte principal do club.

Somos un club inclusivo e participativo, aberto a outras disciplinas deportivas, sobre todo o atletismo, deporte que se aplica a practicamente todalas disciplinas deportivas.

O pasado sábado participaron na primeira das carreiras, disputada en Esmelle, do Circuito Ferrolano de campo a través.

Hai que salientar o podium de Dani Barrán e o 5º posto de Carlos Morandeira na categoría benxamin.

Participaron tamén Judith Lago, Adrián Cernadas e Alvaro Mardoñez.

Para as vindeiras carreiras agardamos unha maior participación.

Ningún comentario :

Publicar un comentario