******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

mércores, 4 de marzo de 2015

ALUMN@S DO CEIP A LAXE DE VALON PROBAN TENIS DE MESA

Un momento da sesión

O ALUMNADO DE PRIMARIA TOMOU CONTACTO CO TENIS DE MESA

No día de onte martes, Cristóbal Fernández e María Calvo, xogadores dos equipos de Primeira Nacional do club, acudiron acompañados de Lawal Abiodun internacional congolano, á chamada da mestra de educación física do Ceip A Laxe de Valón coa fin de que os nenos e nenas de primaria poideran coñecer o tenis de mesa.

Foron varios os exercicios que levaron a cabo con eles, así como os coñecementos básicos para a práctica deste bonito deporte.

Finalmente Cristóbal e Lawal fixeron unha exhibición para que viran o bonito que resulta o tenis de mesa practicado por profesionais, e que asi sirva para que os nenos e nenas poidan decidirse a practicalo, para o que poden acudir á escola deportiva do club, que ten o horario de 17,45 a 19,30, martes, xoves e venres.

Ningún comentario :

Publicar un comentario