Un intre dos encontros disputados o pasado domingo
O terceiro equipo canario, Casino La Laguan, pasou polo pavillón de San Xoán, e non foi quen de impedir a ibatibilidade do primeiro equipo masculino, que novamente venceu claramente por 5-1, un novo resultado cómodo, a falta de 2 xornada para finalizar a primeira volta da liga.
Só tres partidos individuais cederon os nosos, cando a liga se aproxima ao seu ecudador,e que pon moi de cara a disputa da fase de ascenso por segundo ano consecutivo, pero que de momento coa vantaxe de ser primeros de grupo, o que permite mellores opcións de ascenso, obxectivo do club para ésta tempada.
Tamén xogaron os equipos de Segunda Nacional, que saíu derrotado por 1-5 o pasado sábado, no noso pavillón, logrando o punto Jonatan Suspes diante de Pablo López.
Na terceira nacional, un novo empate co Ribadeo, con puntos de Ton Casal, un e Fernando García dous. Tamén empatou o equipo de Primeira Galega, diante do Vilalba Veteranos, con puntos de Fernando Orjales, Alberto Novo e Guillermo Santalla.
Para rematar o equipo infantil sufriu unha nova derrota por 0-6, no que xogaron Marco Salzano, Alvaro Martinez, Fran Pérez e Nuno Baamonde.
|
Ningún comentario :
Publicar un comentario