O SABADO 21 E DOMINGO 22 DE MAIO NO PAVILLÓN DO CEIP SAN XOAN DE FILGUEIRA
O club San Xoan en colaboración coa concellaría de deportes do Concello de Ferrol, organiza nas datas indicadas o V TORNEO INTERNACIONAL "CIDADE DE FERROL", disputandose o sábado 21 as categorías de idade de pre-benxamin a veteranos +60, e o domingo 22 a categoría absoluta.
Podedes inscribirvos até as 20 horas do luns 9 de maio, a través dos formularios en http://fgtm.es/formularios-2/torneos/torneo-cidade-de-ferrol para os xogador@s vinculados aos clubes galegos, e a través do mail secretaria@fgtm.es ou sanxoantm@gmail.com para os xogador@s de fóra.
Poderase acampar no campo de fútbol anexo ao pavillón.
V CAMPIONATO GALEGO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE FISICA E INTELECTUAL
Outro evento que se disputa parello ao torneo é o campionato galego para as persoas con disca- pacidade física e intelectual, e que que xa é tradicional a súa disputa de maneira integrada e inclusiva co torneo.
Disputarase o sábado 21 para persoas con discapacidade intelectual, con clasificación individual e colectiva, e o domingo 22 para persoas con discapacidade física, nas modalidades individual e equipos.
II CAMPIONATO GALEGO PRE-BENXAMIN
O domingo 22 tamén se disputará o campionato galego pre-benxamin, nados no ano 2007 e posteriores, e que se disputarán en categoría individual mixta.
Ningún comentario :
Publicar un comentario