******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

martes, 24 de maio de 2016

MARIA CALVO, 1ª ABSOLUTA NO V TORNEO "CIDADE DE FERROL"

Foto de grupo cos premiados o domingo nos tres eventos
O sábado e domingo disputaronse 3 eventos en San Xoan, entre eles o V Torneo Cidade de Ferrol en todalas categorias, e puntuable para os diferentes rankings galegos.

Salientar no torneo o primeiro lugar de María Calvo na modalidade absoluta, así como o segundo lugar de Rubén García, e o 3º de Irene Fernández.

Nas categorías de idade, salientar a Xoan Vila, 2º pre-benxamin, Iago Grueiro 3º pre-b, Adrian Ramallo 3º benxamin, na xuvenil Adrian Bereijo 2º e Fernando Orjales 3º, Rubén García 2º na senior.

Tamén José Manuel Fernández logrou vencer en veteranos +40 e Ton Casal 3º en veteranos de mais de 50 anos.

Foi moi significativo a grande participación, sobre todo nas categorias mais baixas, pre-benxamin, benxamin, alevin e infantil, froito da labor do traballo de base dos clubs.

SAN XOAN ADM CAMPION GALEGO

Alberto Novo e Alvaro Illobre co trofeo de campións
Unha vez mais Alberto e Alvaro, conquistan un novo título para o club, ao vencer na modalidade de equipos do galego para persoas con discapacidade física, acompañados no poidium polos dous equipos do Grumico de A Coruña.

Ademais Alberto acadou o campionato individual e Alvaro o bronce, demostrando que son uns grandes deportistas, que forman parte da cada vez mais grande familia do club San Xoan.


XOAN VILA, SUBCAMPION GALEGO PREBENXAMIN

IAGO GRUEIRO, SANTIAGO MARTINEZ E LUIS TERRADILLOS, FORON APEADOS EN OITAVOS
Xoan Vila
Xoán comezou nesta tempada a práctica do tenis de mesa, con 8 anos, na escola deportiva do club, compaxinanadoo con outros deportes.

Disputaba o seu primeiro campionato, ao igual que Iago Grueiro, Santiago Martinez e Luis Terradillos, e disfrutamos vendo que a pesar de xogar na casa, o que dá un pouco mais de responsabilidade polo apoio da grada, souberon competir a un boisimo nivel todos.

Pero Xoan, o incansable correcamiños (chega a todalas bolas) fixo que polo menos un dos 4 trofeos en disputa, quedara na casa, foi o subcampionato, xa que únicamente cedeu na final, co narónés Brais Rodriguez por 3-1, pero antes en grupos venceu ao nº 3 do ranking o pontevedrés Adrián Molina, e nas semifinais ao nº 2 o narónés Roi López ambos por 3-2 e con remontadas.

Resulta satisfactorio ver que a canteira está viva polo ben do deporte, a pesar das dificultades destes tempos.

martes, 17 de maio de 2016

V TORNEO "CIDADE DE FERROL"


FELICITACIÓNS

FELICITAMOS Á AD VINCIOS POR ASCENDER A SUPERDIVISIÓN E A MONTE PORREIRO POR SUBIR Á PRIMEIRA NACIONAL
 
E aos que o tentaron, Oroso, Vilagarcía, Narón,..animalos para  que o poidan lograr na vindeira tempada.

Isto demostra que o tenis de mesa galego está nun dos seus mellores momentos, e hai que seguir traballando para mantelo e melloralo.
 
Tamén aproveitamos o día das letras galegas para felicitar a todolos galegos e galegas por ter unha ferramente que nos identifica e que debemos usar e protexer, que é de todos e todas.
 
O club San Xoan usa o galego en todolos medios de comunicación, interna e externa,  por norma, por obriga das administracións e tamén por convicción.


SOMOS DE DIVISION DE HONRA

  VICTORIA POR 4-2 SOBRE SAN SEBASTIAN DE LOS REYES



Milos, Cristobal, Ruben e Mateo
O pasado sábado o primeiro equipo do club logrou un fito histórico para a comarca ferrolana, ao ascender á División de Honra masculina nacional.
 
Chegaban como primeiros do grupo 1, lideres indiscutibles e favoritos tamén a lograr o ascenso, que fixeron na primeira das dúas oportunidades que tiñan.
 
O sorteo deparou un rival, a priori, mais asequible que Falcons ou Cártama por exemplo, o que facía medrar o optimismo, e así foi non fallaron, a pesar de que o local onde se desenrolaba a fase non reunía as condicións desexables, e que puideron ser mellores de concedernos a RFETM a organización da mesma, e polo visto sendo a nosa a mellor das ofertas en todolos sentidos.
 
Milos, Cristóbal, Ruben e Mateo, acaban de escribir a mellor páxina da historia do club, logo do xa realizado polo equipo feminino (María, Noa, Paula Padín, Sasha e Paula Fdez) o ano pasado, que tamén ascenderon á División de Honra feminina.
 
Estes feitos sitúan ao club como o máis sobranceiro, en canto a méritos deportivos, da comarca ferrolana e do norte de Galicia.
 
Agardamos poder seguir facendo historia, e tamén axudas para poder manter o logrado.
 
Grazas a todolos que nos apoiastedes, que tamén formades parte do éxito logrado.


martes, 3 de maio de 2016

MATEO CIBANTOS, CAMPION DE ESPAÑA

Mateo Cibantos no centro do podium como campión de España 2016

VENCEU CON AUTORIDADE SEN NINGÚN SET EN CONTRA

O xogador do primeiro equipo do club, Mateo Cibantos, venceu dun xeito rotundo no Campionato de España de xogadores veteranos, neste caso de +50, e que se disputou o pasado fin de semana na localidade sevillana de Tomares.

Mateo venceu en todolos seus partidos polo mesmo resultado de 3-0, incluso ao que partia como número un do campionato o catalán Pere Weisz, o escollo a priori mais dificil.

Tamén chegou a cuartos de final na competición de dobres facendo parella co sevillano Gonzalo Viguera.