Os equipos antes de inciar o encontro, á dereita Rubén, Javi e Anthony |
O EQUIPO FEMININO TROUXO PLENO DE AVILÉS
Grande fin de semana, no que coa primeira victoria na casa o equipo masculino de División de Honra, situase comodamente con oito puntos na clasificación, gracias á victoria lograda diante do equipo madrileño de Collado Mediano.
Os puntos de Olugbenga e Javi Benito superaron ao equipo liderado por Carneros, que seguirá a pelexar por sair dos postos perigosos.
PRIMEIRA NACIONAL FEMININA
Tamén hai que felicitar ás 3 sub23 que formaron o equipo feminino na visita a Avilés onde se disputaba a segunda das concentracións da liga, Saleta López, Andrea Valiño e Noa Fernández, e que saldaron con pleno de victorias, primeiro ao anfitrión por 3-4, e tamén o sábado a Padre Isla de León por 1-5. Salientar que para vencer a Avilés tiveron que remontar un 3-1 adverso, o que dá mais mérito á victoria.
Para finalizar o domingo venceron tamén a Luarca por idéntico resultado de 1-5
Ningún comentario :
Publicar un comentario