Javi Benito, Anthony Olugbenga, Fer López, Rubén García |
A pesar da boa campaña realizada, xa que quedamos a 8 puntos do lider Vilagarcia, por primeira vez, un equipo con media liga gañada, 20 puntos, vese na obriga de descender de categoría.
Resulta ser un castigo o resultado final deste grupo 1 da División de Honra para éste club, que de xogar no grupo 2 clasificariamos seguro para ascenso á super, pero ainda así foi unha tempada de disfrute, xa que nesta tempada pasaron por San Xoan grandes xogadores nacionais e extranxeiros, ao que non estabamos afeitos.
Tocará voltar á primeira na que os obxectivos serán os que o plantel de xogadores que nos representen sexan capaces de acadar, sendo sempre o primeiro, salvar a categoría.
Grazas a Javier Benito e Anthony Olugbenga, polo traballo e polas boas persoas que son, un prazer, sorte.
Ningún comentario :
Publicar un comentario