O pasado sábado tamén tivo lugar a concentración de volta do grupo centro da segunda Nacional feminina, na que participa o noso equipo SAN XOAN- CAFETERÍA IPANEMA, formado por Sasha Moreira e Ana Abad, fichaxe novo do club, gracias á que poidemos participar nesta fin de semana xa que as outras 3 xogadoras están lesionadas e non poden xogar por prescripción médica.
Cabe salientar a agradable sorpresa, no seu debut de Ana Abad, quen demostrou que ten cualidades, ademais de ser zurda, e que só precisa de máis competición para irse adaptando, ademais e veterana o que lle dá mais mérito.
A concentración tivo lugar no pavillón do Colexio de San Xoán, organizada polo club en colaboración coa Federación Galega.
Podedes consultala clasificación na web www.fgtm.es, no apartado de ligas.
Ningún comentario :
Publicar un comentario