******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******
Amosando publicacións coa etiqueta ligas nacionais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ligas nacionais. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de novembro de 2015

BALANCE POSITIVO NO INICIO LIGUEIRO

O EQUIPO FEMININO, AINDA SEN PUNTUAR, FOI DE MENOS A MAIS NA DIVISIÓN DE HONRA FEMININA

Vamos superando os atrancos físicos que afectaron e ainda afectan ás 3 xogadoras que teñen a misión de manter a categoría, pero en franca mellora.

O debut tivo lugar contra o potente Oroso e sen poder contar coa xogadora sueca Sandra Saarinen, que ven para tentar salvar a categoría, e no que caemos por un claro 0-6, logo o encontro co Cidade de Narón, e que moi igualado, finalmente perdimos por 3-4, pero loitando moito, sobre todo porque tanto María como Noa estaban tocadas físicamente dos seus xeonllos. Duas bazas fortes tivemos tamén na última fin de semana de outubro, indo o sábado a Gondomar, no que case forzamos o dobre a pesar de ter Vincios o equipo de gala, con Celia, Nadina e Inés, caendo por 2-4, que tamén sería o resultado o domingo 25 na casa co mellor equipo da categoría o Vasa Arroyo de Valladolid.

PRIMEIRA NACIONAL

Demasiado fácil ata agora para o primeiro equipo masculino formado por Milos Savic, Mateo Cibantos, Cristóbal Fernandez e Rubén García, que únicamente perderon un dos partidos individuais, ganando todolos encontros claramente.

SEGUNDA NACIONAL

Formado por Fernando López, Jonatan Suspes, Victor Paez (lesionado), Adrián Bereijo (lesionado) e Guillermo Santalla, e co apoio de Rubén García en dous encontros, levan duas victorias e duas derrotas, que lles permiten estar na metade da táboa, e agardamos que poidan manter a categoría, unha vez recuperen os seus efectivos.


martes, 21 de abril de 2015

DOLOROSA DERROTA DIANTE DE RIVAS POR 1-5

Un intre do encontro, xogando Mateo (San Xoan) ao fondo con Andrés  (Rivas)

AGRADECEMOS A PRESENZA DE AFECCIONADOS, CHEGADOS INCLUSO DE CORUÑA

Todo apuntaba a un partido disputado, e con grande expectación, superando as previsións, xa que perto dun centenar de expectadores, non é habitual, ainda que resulta moi agradable, e de verdade queremos agradecer a súa presenza e ánimo co equipo, ao que sin embargo, lle puido a presión do que nos xogabamos.

A verdade que a victoria 3-1 de Mateo sobre Andrés, o mellor do equipo madrileño facía presaxiar que o encontro iba ter mais cara local que visitante, e sobre todo cando no cuarto xogo do segundo partido, Rubén vencía 6-3 e 2-1 en sets, que de vencer sería un 2-0 moi favorable para as nosas cores, pero finalmente Rubén cedeu diante do campión mundial paralimpico Alvaro Valera por 2-3 (9-11), que igualaba o encontro.

De seguido Cristóbal, entra logo desa remontada de Valera, e como se de unha lousa se tratara, non foi capaz de sobrepoñerse e apenas entrou na liña de xogo á que nos ten afeitos, e iso deixa en franquicia o encontro co Rivas, pasandolle a presión a Mateo, que tampouco puido con ela e sucumbiu tamén con Valera por 0-3, seguindo Cristóbal atenazado mentalmente no seguinte e que dou a victoria xa por 1-4 para Rivas.

Puido maquillar o resultado Rubén no último, e a pesar de ser o que mellor xogou do equipo, ao estar o encontro decidido, simplemente cumpriu o trámite.

mércores, 11 de marzo de 2015

PUNTOS DE OURO

VICTORIA IMPORTANTE FRONTE A UN RIVAL DIRECTO

Os dous puntos acadados a pasada fin de semana diante dun rival directo como é o forte equipo do Oroso, capitaneado por Valeri Malov, quen foi xogador de superdivisión, e que o pasado domingo tivo mala sorte ao lesionarse e non poder disputar os seus partidos do encontro, o que fixo que un encontro que se presumia igualado, pasou a ser un resultado cómodo para o primeiro equipo do club.

Desde aqui, desexamoslle a Valeri Malov unha pronta recuperación, para volver a mostrarnos na cancha as súas cualidades.

SEGUNDA NACIONAL

O equipo de veteranos, segue sen acadar a súa primeira victoria, que sería unicamente para a honriña, dado que xa está descendido. Caeron por 5-1 en Lugo.

Polo que respecta á Segunda Galega, o equipo ADM venceu por 1-5 ao Cidade Narón B, e que o sitúa virtualmente ascendido e a un punto do campionato do grupo Noroeste.

martes, 3 de marzo de 2015

PRIMEIRA NACIONAL: DOBRE 0-6 EN MADRID

Formacións de Club do Mar e San Xoan Veteranos 

NA PRIMEIRA FEMININA UNHA DE CAL UNHA DE AREA

Gran victoria do ADM e primeira do Infantil na 2ª Galega

O primeiro equipo do club non deu opción na súa visita aos equipos madrileños de Rivas e San Sebastián de los Reyes, aos que venceu por dous contundentes 0-6.
Mateo, Cristóbal e Rubén, seguen centrados en non fallar para clasificar para a fase de ascenso á División de Honra, e tendo en conta que nos visitará o domingo ás 10 o Oroso TM, e rendendo visita o sábado 14 á AD Vincios de Gondomar, dous dos tamén candidatos a ocupar un dos tres postos que dan acceso a xogar a promoción. De momento ocupamos o segundo lugar da táboa, ainda que todo moi igualado.

PRIMERA NACIONAL MASCULINA GRUPO 01

 P 
EQUIPO
  EJ  
  EG  
  EP  
  PF  
  PC  
  PTOS  
1  CTM PROGRESO16151762230
2  CLUB SAN XOAN TM15123642924
3  A.D.VINCIOS14122573024
4  C.D.T.M.RIVAS PROMESAS15123613524
5  OROSO TM15105593220
6  AVILES T.M.1477444614
7  HELIOS BEMBRIVE, T.M.1358374610
8  C.T.M. CIDADE DE NARON1631335646
9  C.D. TENIS DE MESA RIVAS1631329716
10  LUARCA TENIS DE MESA1621432684
11  NS - S.S. REYES1411317682


 JORNADA   1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11    TODAS    
 12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22 

 JORNADA


16
  FECHA    HORA  LOCALVISITANTE  PL    PV    ACTA  
28/02/2015
16:00
0
6
28/02/2015
16:00
5
1
01/03/2015
10:00
5
1
01/03/2015
10:00
6
0
01/03/2015
11:00
0
6


Na primeira feminina, María, Noa e Paula, estiveron a piques de forzar o dobre co Cidade de Narón, pero finalmente cederon por un 4-2, igual que na ida, ainda que se resarciron vencendo claramente a Coruña por un claro 0-6, que mantén o equipo no quinto lugar que da acceso a xogar a fase de ascenso, tendo en conta que Diario de Pontevedra e Cidade de Narón non poden ao ter equipos na División de Honra.

A falta da última xornada que se diputará en San Xoan, os equipos clasificados para dita fase serían Veguellina de León, San Xoan e Cinania de Cangas do Morrazo.



PRIMERA NACIONAL FEMENINA GRUPO 01


 P 
EQUIPO
  EJ  
  EG  
  EP  
  PF  
  PC  
  PTOS  
1  GR. ELEKTRA AT. SAN SEBASTIAN13121562624
2  DIARIO DE PONTEVEDRA14113573122
3  CTM VEGUELLINA1394473618
4  CTM CIDADE DE NARÓN1394443618
5  CLUB SAN XOAN TM1376443714
6  CINANIA BAR TAPERIA O FARO1468444412
7  E.T.M. TORRELAVEGA134940468
8  C.T.M.CORUÑA1321121584
9  CD DEZ PORTAS LUGAUTO1401423620


O San Xoan Veteranos da Segunda Nacional grupo 1, segue sen acadar a primeira victoria, a pesar que se lles fai dificil esta liga, tiveron varios encontros que perderon pola mínima, o que podía dar lugar a que tentaran a salvación, e xa son desde este intre equipo da Terceira Nacional.

Pola contra na Segunda Galega, despois da gran victoria diante do Narón Senior, temos o equipo de San Xoan ADM, prácticamente ascendido, formado por Alberto Novo, María Calvo e Guillermo Santalla, e ademais o equipo infantil gañou o seu primeiro encontro ao Cidade Narón B por 4-2, con victorias de Fernando Orjales e Yeray Ponce, tamén xogou Marco Salzano.

venres, 20 de febreiro de 2015

NA RECTA FINAL E TODO POR DECIDIR

OS PRIMEIROS EQUIPOS DO CLUB PENDENTES DE CLASIFICAR PARA FASES DE ASCENSO

O equipo de Primeira Feminina, Paula Padín, María, Noa e Sasha, falta Paula Fdez.
Logo de case dous tercios da tempada, os primeiros equipos do club están na loita por acadar esas prazas que dan dereito a xogar a fase de ascenso á División de Honra, tanto masculina como feminina.

Na última xornada na Primeira Masculina, a derrota diante do Progreso de Móstoles, veu a complicar un pouco o obxectivo, xa que agora toca non fallar nas visitas que nos teñen que facer outros equipos da parte alta da táboa, como Rivas Promesas e Oroso, ou na visita a Gondomar.

O equipo da Primeira Feminina disputará duas concentracións, unha en Narón, co equipo local e o CTM Coruña, e outra no pavillón de San Xoan, recibindo aos equipos de fóra de Galicia, e nas que se xoga tamén poder acadar unha praza que nos permita poder optar ao ascenso de categoría.

Toca polo tanto traballar e centrarse para tentar de polo menos ter opción de disputa de ambas fases, e que de lograr algún dos ascensos, sería un salto cualitativo na curta historia do club, que o pasado día 18 cumpriu 6 anos.

Resto de categorías


Polo que atinxe á Segunda Nacional, o Hotel Chips San Xoan, que xoga no grupo 2, ten practicamente lograda a permanencia, mentras que o San Xoan Veteranos que xoga no grupo 1, ainda sen puntuar, é prácticamente equipo de Terceira Nacional.

Por outra banda no grupo Noroeste da Segunda Galega o San Xoan ADM Ferrolterra, agás sorpresa, é practicamente novo equipo de Primeira Galega. Ainda permanece invicto, é o único do club que manten a imbatibilidade.

martes, 27 de xaneiro de 2015

VOLTAMOS Á SENDA DA VICTORIA NA PRIMEIRA NACIONAL

Mateo Cibantos segue a demostrar o seu talento.

Nova xornada, e volta no derbi comarcal na Primeira Nacional masculina, disputado o sábado no local da asociación veciñal de Santa Icía, e que enfrontou aos planteis titulares dos dous equipos, cos seguintes resultados:


Mateo Cibantos resolveu coa súa calidade nos momentos importantes, a pesar das dificultades e vicisitudes ao longo do encontro.

A victoria manten ao equipo no terceiro lugar da táboa, en fase de ascenso, e favorecido pola victoria de Vincios na cancha do Oroso, outro dos rivais na loita. 

A pasada xornada foi a AD Vincios que se levou os puntos da nosa cancha, por 2-4, o que significaba a segunda derrota na liga, precisamente cos dous equipos que comandan a clasificación do grupo.

martes, 25 de novembro de 2014

PRIMEIRA NACIONAL: COMODO TRIUNFO

Mateo Cibantos

ÚNICO EQUIPO INVICTO

Unha vez finalizada a sétima xornada o primeiro equipo do club, que venceu comodamente ao San Sebastián de los Reyes de Madrid por 6-0, sitúase colider co Progreso de Madrid, que foi derrotado por outro equipo galego o AD Vincios por 3-4, o que apreta ainda mais a cabeza da táboa na que Vincios e San Xoan están a plantar batalla aos equipos madrileños de Progreso e Rivas Promesas, na pelexa polos 3 postos que dan dereito a disputar a fase de ascenso á División de Honra.

Mateo Cibantos, Cristóbal Fernández e Rubén García, estanse a mostrar como un equipo compacto, dificil de vencer, e van pasar a proba máis dura da tempada na vindeira fin de semana no desprazamento a Madrid, para enfrontarse precisamente aos equipos cos que se está a xogar os postos de privilexio do grupo. 

Os resultados, ainda que non van ser definitivos, poden empezar a desfacer un pouco a grande igualdade que hai, e que pode manterse até o final de liga, no que é o grupo máis forte da Primeira Nacional masculina.

xoves, 13 de novembro de 2014

GRAN VICTORIA EN VIGO


QUINTO TRIUNFO CONSECUTIVO

Non lle podemos pedir máis, o primeiro equipo do club co reforzo do veterano Mateo Cibantos veu de incrementar o nivel do equipo, o que fai que o mesmo siga invicto, e disposto a pelexar polos postos que dan acceso a disputar a fase de ascenso.

Ainda que visto o resultado final poidera parecer doado o trunfo en Vigo, nada máis lonxe, xa que os partidos individuais foron moi disputados, no primeiro Mateo venceu pola mínima a Miguel Cabaleiro, quen tamén xogou moi ben con Cristóbal, e a quen tiña case gañado, pero o noso xogador a pesar de ir perdendo 2-0 10-4, seguíu pelexando até realizar unha remontada épica, vencendo 2-3 finalmente.

O único partido que perderon foi o de Rubén García con Juan Lois, xogador aguerrido e cun xogo incómodo baseado no bloqueo activo por toda a mesa.

martes, 28 de outubro de 2014

CUARTO TRIUNFO CONSECUTIVO

Malov, Alexandre e Uxío do Oroso, con Cristóbal, Rubén e Mateo
Segue a xeira de resultados positivos do primeiro equipo do club, coa grande aportación de Mateo Cibantos, quen perdeu o seu primeiro partido diante do hispano-ruso Valeri Malov, por 3-1, cabe sinalar que o último enfrontamento entre ambos foi hai xa uns anos en Superdivisión, vencendo daquela Mateo.

Só Malov acadou tamén o segundo punto diante de Cristóbal, quen acadou unha victoria diante de Alexandre, Mateo a Uxío e Rubén a ambos, completando os catro puntos que permiten ao equipo seguir invicto.

OROSO TM2CLUB SAN XOAN TM4
VALERI MALOV M.CRISTOBAL FERNANDEZ P.3-0
ALEXANDRE IGLESIAS F.RUBEN GARCIA R.0-3
PABLO UXIO REGUEIRO N.ANTONIO MATEO CIBANTOS S.1-3
ALEXANDRE IGLESIAS F.CRISTOBAL FERNANDEZ P.0-3
VALERI MALOV M.ANTONIO MATEO CIBANTOS S.3-1
PABLO UXIO REGUEIRO N.RUBEN GARCIA R.1-3

SEGUNDA NACIONAL: SEGUIMOS NA SENDA DA DERROTA

José Manuel Fernández "Golán"
O equipo dos veteranos sigue a enfrontarse con equipos chamados a estar na parte alta da clasificación, e o que lle está a impedir acadar a primeira victoria. Levan catro derrotas ésta última diante dos xovenes pero con moita calidade xogadores da Agrupación Deportiva Vincios, por 0-6.

Pola contra os xuvenís do Hotel Chips San Xoan que milita no grupo 2, saldou os 3 enfrontamentos con equipos tamén chamados a protagonizar éste grupo cunha victoria a domicilio en Pontevedra e dúas derrotas, ésta última por 1-5 diante do Clinica Colina Burgos, ainda que con 3 partidos individuais axustadisimos que ben poideron decantar a victoria para os da casa.



CLUB SAN XOAN VETERANOS0A.D. VINCIOS - CONSTR. DANTAS6
FERNANDO JAVIER GARCIA F.DAVID GONZALEZ M.0-3
ANTONIO CASAL S.JORGE LARRONDO P.1-3
JOSE MANUEL FERNANDEZ M.ANDRES TORRES V.1-3
FERNANDO JAVIER GARCIA F.JORGE LARRONDO P.0-3
JOSE MANUEL FERNANDEZ M.DAVID GONZALEZ M.1-3
ANTONIO CASAL S.ANDRES TORRES V.0-3

martes, 21 de outubro de 2014

PRIMEIRA NACIONAL: SIN PROBLEMAS DIANTE DOS MADRILEÑOS

As formacións de Rivas e San Xoan, antes do encontro.
O encontro con Rivas o pasado domingo convertiuse nun trámite, á vez que iban caendo as victorias para os xogadores locais, Mateo Cibantos, Rubén García e Cristóbal Fernández, que sitúan co resultado final de 6-0 ao equipo invicto con 6 puntos no terceiro lugar e empatado con Progreso de Madrid e Vincios de Gondomar, postos de clasificación para fase de ascenso.



CLUB SAN XOAN TM6C.D. TENIS DE MESA RIVAS0
ANTONIO MATEO CIBANTOS S.JAIME LOPEZ-BRAVO C.3-1
RUBEN GARCIA R.RUBEN GORDO C.3-0
CRISTOBAL FERNANDEZ P.ALEJANDRO BRIS C.3-1
ANTONIO MATEO CIBANTOS S.RUBEN GORDO C.3-1
CRISTOBAL FERNANDEZ P.JAIME LOPEZ-BRAVO C.3-0
RUBEN GARCIA R.ALEJANDRO BRIS C.3-0