******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

mércores, 11 de marzo de 2015

PUNTOS DE OURO

VICTORIA IMPORTANTE FRONTE A UN RIVAL DIRECTO

Os dous puntos acadados a pasada fin de semana diante dun rival directo como é o forte equipo do Oroso, capitaneado por Valeri Malov, quen foi xogador de superdivisión, e que o pasado domingo tivo mala sorte ao lesionarse e non poder disputar os seus partidos do encontro, o que fixo que un encontro que se presumia igualado, pasou a ser un resultado cómodo para o primeiro equipo do club.

Desde aqui, desexamoslle a Valeri Malov unha pronta recuperación, para volver a mostrarnos na cancha as súas cualidades.

SEGUNDA NACIONAL

O equipo de veteranos, segue sen acadar a súa primeira victoria, que sería unicamente para a honriña, dado que xa está descendido. Caeron por 5-1 en Lugo.

Polo que respecta á Segunda Galega, o equipo ADM venceu por 1-5 ao Cidade Narón B, e que o sitúa virtualmente ascendido e a un punto do campionato do grupo Noroeste.

Ningún comentario :

Publicar un comentario