Mateo Cibantos segue a demostrar o seu talento. |
Nova xornada, e volta no derbi comarcal na Primeira Nacional masculina, disputado o sábado no local da asociación veciñal de Santa Icía, e que enfrontou aos planteis titulares dos dous equipos, cos seguintes resultados:
C.T.M. CIDADE DE NARON | 3 | CLUB SAN XOAN TM | 4 |
A victoria manten ao equipo no terceiro lugar da táboa, en fase de ascenso, e favorecido pola victoria de Vincios na cancha do Oroso, outro dos rivais na loita.
A pasada xornada foi a AD Vincios que se levou os puntos da nosa cancha, por 2-4, o que significaba a segunda derrota na liga, precisamente cos dous equipos que comandan a clasificación do grupo.
Na segunda nacional sendas derrotas como locais, os veteranos 0-6 con Arteal, o líder, e máis apretado estivo o encontro dos xuvenís, que cederon no dobre, logo de chegar cun 3-3 despois da disputa dos partidos individuais.
Na segunda autonómica o equipo ADM Ferrolterra venceu cun claro 0-6 ao Narón Promesas, con puntos de Alberto Novo, María Calvo e Guillermo Santalla, que debutaba coa camiseta de San Xoan, e tamén na competición logo de dous anos.
Ningún comentario :
Publicar un comentario