******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******
Amosando publicacións coa etiqueta san xoan. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta san xoan. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de agosto de 2016

BOA TEMPADA 2015-16

Recepción polo ascenso do equipo masculino á División de Honra

OS LOGROS ACADADOS

O logro mais importante desta tempada que rematou a finais de xuño, foi o ascenso á División de Honra Nacional do primeiro equipo masculino, éxito que xa lograra o primeiro equipo feminino, o ano anterior, ainda que nesta voltou á Primeira Nacional.
Para iso contribuiron o canteirán Rubén García, o tamén adestrador do club e ferrolano Cristóbal Fernández, o granadino Mateo Cibantos e o serbio Milos Savic.

Pero tamén temos que destacar O Campionato de España individual acadado por Mateo Cibantos en Sevilla, así como finalizar entre os 32 mellores do mundo no Campionato disputado en Elche e Alicante.

E ainda que foi o subcampionato, destacamos como importante para o club o acadado no campioanto Galego Pre-benxamin, por Xoan Vila, con 8 anos e sendo a súa primeira tempada neste deporte.

Tamén Noa Fernández do equipo de DHF, logrou un bronce en dobres acompañada pola xogadora do Oroso TM, Silvia Alvarez, e quedando ás portas dos metais na modalidade individual.

Tamén salientar que como club inclusivo, o equipo San Xoan - ADM Ferrolterra, logrou o ascenso á Terceira Nacional Masculina.

Na parte negativa o descenso do segundo equipo masculino da Segunda Nacional.


PROMOCIÓN DO TENIS DE MESA

Salientar que o club levou a cabo duas semanas de promoción entre os escolares dos municipios de Ares e Mugardos, con un grande éxito de acollida.

Iso dou lugar a xerar un convenio para unha escola deportiva a partir de outubro en Ares, e tamén se está a levar a cabo unha de verán no Casino Mugardés, onde tamén os veteranos participaron na pasada tempada na liga de veteranos, e na tempada 16-17 participarán nas ligas galegas, na 2ª categoría, con dous equipos.

martes, 24 de maio de 2016

SAN XOAN ADM CAMPION GALEGO

Alberto Novo e Alvaro Illobre co trofeo de campións
Unha vez mais Alberto e Alvaro, conquistan un novo título para o club, ao vencer na modalidade de equipos do galego para persoas con discapacidade física, acompañados no poidium polos dous equipos do Grumico de A Coruña.

Ademais Alberto acadou o campionato individual e Alvaro o bronce, demostrando que son uns grandes deportistas, que forman parte da cada vez mais grande familia do club San Xoan.


XOAN VILA, SUBCAMPION GALEGO PREBENXAMIN

IAGO GRUEIRO, SANTIAGO MARTINEZ E LUIS TERRADILLOS, FORON APEADOS EN OITAVOS
Xoan Vila
Xoán comezou nesta tempada a práctica do tenis de mesa, con 8 anos, na escola deportiva do club, compaxinanadoo con outros deportes.

Disputaba o seu primeiro campionato, ao igual que Iago Grueiro, Santiago Martinez e Luis Terradillos, e disfrutamos vendo que a pesar de xogar na casa, o que dá un pouco mais de responsabilidade polo apoio da grada, souberon competir a un boisimo nivel todos.

Pero Xoan, o incansable correcamiños (chega a todalas bolas) fixo que polo menos un dos 4 trofeos en disputa, quedara na casa, foi o subcampionato, xa que únicamente cedeu na final, co narónés Brais Rodriguez por 3-1, pero antes en grupos venceu ao nº 3 do ranking o pontevedrés Adrián Molina, e nas semifinais ao nº 2 o narónés Roi López ambos por 3-2 e con remontadas.

Resulta satisfactorio ver que a canteira está viva polo ben do deporte, a pesar das dificultades destes tempos.

martes, 24 de novembro de 2015

OITAVO TRIUNFO CONSECUTIVO NA PRIMEIRA NACIONAL

Un intre dos encontros disputados o pasado domingo

O terceiro equipo canario, Casino La Laguan, pasou polo pavillón de San Xoán, e non foi quen de impedir a ibatibilidade do primeiro equipo masculino, que novamente venceu claramente por 5-1, un novo resultado cómodo, a falta de 2 xornada para finalizar a primeira volta da liga.
 
Só tres partidos individuais cederon os nosos, cando a liga se aproxima ao seu ecudador,e que pon moi de cara a disputa da fase de ascenso por segundo ano consecutivo, pero que de momento coa vantaxe de ser primeros de grupo, o que permite mellores opcións de ascenso, obxectivo do club para ésta tempada.

Tamén xogaron os equipos de Segunda Nacional, que saíu derrotado por 1-5 o pasado sábado, no noso pavillón, logrando o punto Jonatan Suspes diante de Pablo López.

Na terceira nacional, un novo empate co Ribadeo, con puntos de Ton Casal, un e Fernando García dous. Tamén empatou o equipo de Primeira Galega, diante do Vilalba Veteranos, con puntos de Fernando Orjales, Alberto Novo e Guillermo Santalla.

Para rematar o equipo infantil sufriu unha nova derrota por 0-6, no que xogaron Marco Salzano, Alvaro Martinez, Fran Pérez e Nuno Baamonde.


mércores, 4 de novembro de 2015

JOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ (GOLÁN) BRONCE EN LUGO

ADEMAIS MARIA CALVO EN SENIOR E ALBERTO NOVO EN DISCAPACIDADE FÍSICA TAMÉN CLASIFICAN PARA O ESTATAL

Resultados discretos os obtidos polos xogador@s do club, con un podium en veteranos +40, dous mais clasificados e dous ás portas, xa que tanto Rubén García como Noa Fernández, ambos da categoría sub23, finalizaron na décima posición.

Quedan como primeiros reservas, pendente de algunha baixa.

O resto de participantes do club non pasaron a fase de grupos, e que foron, Sara Hernández, Marco Salzano, Nicolás López, Fernando Orjales, Guillermo Santalla, Alberto Novo e Ton Casal en veteranos.

martes, 11 de agosto de 2015

TORNEIO LUSO-GALAICO AO AR LIVRE


Os amigos poveiros, das tricanas, gostan de convidar aos atletas do tenis de mesa galego, a uma experiência diferente, na disputa dum evento de tênis de mesa ao ár livre, no interior do porto de pesca da Póvoa de Varzím.

O evento é uma festa de confraternização, um convívio, alêm da competição, com os nossos irmãos portugueses.

Sabemos da coincidencia do Torneo Cidade da Coruña que organiza o Club do Mar, o que amplia a oferta deportiva do tenis de mesa nesa fin de semana.



RUBÉN GARCÍA, VENCEDOR NO CIDADE DE LUGO

VENCEU NA FINAL AO PORTUGUÊS EDGAR PRATA

Comezou o Circuito Galego 2015-16 coa disputa do primeiro dos torneos, e que nesta ocasión é a súa primeira edición, o CIDADE DE LUGO, organizado polo club DEZ PORTAS.

O domingo disputouse a proba absoluta, na que o xogador sub23 do club Rubén García se alzou coa victoria diante do portugués Edgar Prata, xogador que fichou polo Club do Mar da Coruña e procedente do Cambre, por un resultado de 3-1.

O sábado disputaronse as probas de categorías nas que o club estivo representado por Antonio Casal, José Manuel Fernández e Fernando García, ainda que neste caso non podemos resaltar resultados de podium, xa que cederon nos oitavos de final da proba de veteranos.

luns, 27 de abril de 2015

SON DE DIVISIÓN DE HONRA

As protagonistas: María Calvo, Paula Padín e Paula Fernández de pé, Noa Fernández e Sasha Moreira

O TRIUNFO DENOMINASE: "EQUIPO" EN MAIÚSCULAS


É para nós un grandísimo pracer comunicarvos o fito histórico para éste modesto e xove clube ferrolano, fundado no 2009, e que as nosas rapazas acaban de lograr o ascenso á DIVISIÓN DE HONRA do tenis de mesa español.

María Calvo, Noa Fernández, Paula Padín, foron as protagonistas do logro, tamén xogaron Sasha Moreira e Paula Fernández

Graciñas a todos e todas que nos apoiastedes, e aos patrocinadores, sodes tamén unha parte deste logro.


ASCENSO A DIVISIÓN DE HONOR FEMENINA 
CLASIFICACIÓN FINAL

 P 
EQUIPO
  EJ  
  EG  
  EP  
  PF  
  PC  
  PTOS  
1  TENNIS TAULA CASSÀ4401698
2  CLUB SAN XOAN TM42214114
3  C.T.M. MOSTOLES42214114
4  CINANIA BAR TAPERIA O FARO4138162
5  CTM VEGUELLINA41310152

 JORNADA   1  2  3  4  5    TODAS    
 6  7  8  9  10 


 JORNADA


1
  FECHA    HORA  LOCALVISITANTE  PL    PV    ACTA  
25/04/2015
10:00
4
2
25/04/2015
10:00
5
1
 JORNADA


2
  FECHA    HORA  LOCALVISITANTE  PL    PV    ACTA  
25/04/2015
12:30
4
3
25/04/2015
12:30
4
2
 JORNADA


3
  FECHA    HORA  LOCALVISITANTE  PL    PV    ACTA  
25/04/2015
17:00
3
4
25/04/2015
17:00
2
4
 JORNADA


4
  FECHA    HORA  LOCALVISITANTE  PL    PV    ACTA  
25/04/2015
19:30
5
1
25/04/2015
19:30
2
4
 JORNADA


5
  FECHA    HORA  LOCALVISITANTE  PL    PV    ACTA  
26/04/2015
11:00
2
4
26/04/2015
11:00
4
2



mércores, 4 de marzo de 2015

ALUMN@S DO CEIP A LAXE DE VALON PROBAN TENIS DE MESA

Un momento da sesión

O ALUMNADO DE PRIMARIA TOMOU CONTACTO CO TENIS DE MESA

No día de onte martes, Cristóbal Fernández e María Calvo, xogadores dos equipos de Primeira Nacional do club, acudiron acompañados de Lawal Abiodun internacional congolano, á chamada da mestra de educación física do Ceip A Laxe de Valón coa fin de que os nenos e nenas de primaria poideran coñecer o tenis de mesa.

Foron varios os exercicios que levaron a cabo con eles, así como os coñecementos básicos para a práctica deste bonito deporte.

Finalmente Cristóbal e Lawal fixeron unha exhibición para que viran o bonito que resulta o tenis de mesa practicado por profesionais, e que asi sirva para que os nenos e nenas poidan decidirse a practicalo, para o que poden acudir á escola deportiva do club, que ten o horario de 17,45 a 19,30, martes, xoves e venres.

martes, 3 de marzo de 2015

PRIMEIRA NACIONAL: DOBRE 0-6 EN MADRID

Formacións de Club do Mar e San Xoan Veteranos 

NA PRIMEIRA FEMININA UNHA DE CAL UNHA DE AREA

Gran victoria do ADM e primeira do Infantil na 2ª Galega

O primeiro equipo do club non deu opción na súa visita aos equipos madrileños de Rivas e San Sebastián de los Reyes, aos que venceu por dous contundentes 0-6.
Mateo, Cristóbal e Rubén, seguen centrados en non fallar para clasificar para a fase de ascenso á División de Honra, e tendo en conta que nos visitará o domingo ás 10 o Oroso TM, e rendendo visita o sábado 14 á AD Vincios de Gondomar, dous dos tamén candidatos a ocupar un dos tres postos que dan acceso a xogar a promoción. De momento ocupamos o segundo lugar da táboa, ainda que todo moi igualado.

PRIMERA NACIONAL MASCULINA GRUPO 01

 P 
EQUIPO
  EJ  
  EG  
  EP  
  PF  
  PC  
  PTOS  
1  CTM PROGRESO16151762230
2  CLUB SAN XOAN TM15123642924
3  A.D.VINCIOS14122573024
4  C.D.T.M.RIVAS PROMESAS15123613524
5  OROSO TM15105593220
6  AVILES T.M.1477444614
7  HELIOS BEMBRIVE, T.M.1358374610
8  C.T.M. CIDADE DE NARON1631335646
9  C.D. TENIS DE MESA RIVAS1631329716
10  LUARCA TENIS DE MESA1621432684
11  NS - S.S. REYES1411317682


 JORNADA   1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11    TODAS    
 12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22 

 JORNADA


16
  FECHA    HORA  LOCALVISITANTE  PL    PV    ACTA  
28/02/2015
16:00
0
6
28/02/2015
16:00
5
1
01/03/2015
10:00
5
1
01/03/2015
10:00
6
0
01/03/2015
11:00
0
6


Na primeira feminina, María, Noa e Paula, estiveron a piques de forzar o dobre co Cidade de Narón, pero finalmente cederon por un 4-2, igual que na ida, ainda que se resarciron vencendo claramente a Coruña por un claro 0-6, que mantén o equipo no quinto lugar que da acceso a xogar a fase de ascenso, tendo en conta que Diario de Pontevedra e Cidade de Narón non poden ao ter equipos na División de Honra.

A falta da última xornada que se diputará en San Xoan, os equipos clasificados para dita fase serían Veguellina de León, San Xoan e Cinania de Cangas do Morrazo.



PRIMERA NACIONAL FEMENINA GRUPO 01


 P 
EQUIPO
  EJ  
  EG  
  EP  
  PF  
  PC  
  PTOS  
1  GR. ELEKTRA AT. SAN SEBASTIAN13121562624
2  DIARIO DE PONTEVEDRA14113573122
3  CTM VEGUELLINA1394473618
4  CTM CIDADE DE NARÓN1394443618
5  CLUB SAN XOAN TM1376443714
6  CINANIA BAR TAPERIA O FARO1468444412
7  E.T.M. TORRELAVEGA134940468
8  C.T.M.CORUÑA1321121584
9  CD DEZ PORTAS LUGAUTO1401423620


O San Xoan Veteranos da Segunda Nacional grupo 1, segue sen acadar a primeira victoria, a pesar que se lles fai dificil esta liga, tiveron varios encontros que perderon pola mínima, o que podía dar lugar a que tentaran a salvación, e xa son desde este intre equipo da Terceira Nacional.

Pola contra na Segunda Galega, despois da gran victoria diante do Narón Senior, temos o equipo de San Xoan ADM, prácticamente ascendido, formado por Alberto Novo, María Calvo e Guillermo Santalla, e ademais o equipo infantil gañou o seu primeiro encontro ao Cidade Narón B por 4-2, con victorias de Fernando Orjales e Yeray Ponce, tamén xogou Marco Salzano.