******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

martes, 11 de agosto de 2015

RUBÉN GARCÍA, VENCEDOR NO CIDADE DE LUGO

VENCEU NA FINAL AO PORTUGUÊS EDGAR PRATA

Comezou o Circuito Galego 2015-16 coa disputa do primeiro dos torneos, e que nesta ocasión é a súa primeira edición, o CIDADE DE LUGO, organizado polo club DEZ PORTAS.

O domingo disputouse a proba absoluta, na que o xogador sub23 do club Rubén García se alzou coa victoria diante do portugués Edgar Prata, xogador que fichou polo Club do Mar da Coruña e procedente do Cambre, por un resultado de 3-1.

O sábado disputaronse as probas de categorías nas que o club estivo representado por Antonio Casal, José Manuel Fernández e Fernando García, ainda que neste caso non podemos resaltar resultados de podium, xa que cederon nos oitavos de final da proba de veteranos.

Ningún comentario :

Publicar un comentario