Un intre do encontro, xogando Mateo (San Xoan) ao fondo con Andrés (Rivas) |
AGRADECEMOS A PRESENZA DE AFECCIONADOS, CHEGADOS INCLUSO DE CORUÑA
Todo apuntaba a un partido disputado, e con grande expectación, superando as previsións, xa que perto dun centenar de expectadores, non é habitual, ainda que resulta moi agradable, e de verdade queremos agradecer a súa presenza e ánimo co equipo, ao que sin embargo, lle puido a presión do que nos xogabamos.
A verdade que a victoria 3-1 de Mateo sobre Andrés, o mellor do equipo madrileño facía presaxiar que o encontro iba ter mais cara local que visitante, e sobre todo cando no cuarto xogo do segundo partido, Rubén vencía 6-3 e 2-1 en sets, que de vencer sería un 2-0 moi favorable para as nosas cores, pero finalmente Rubén cedeu diante do campión mundial paralimpico Alvaro Valera por 2-3 (9-11), que igualaba o encontro.
De seguido Cristóbal, entra logo desa remontada de Valera, e como se de unha lousa se tratara, non foi capaz de sobrepoñerse e apenas entrou na liña de xogo á que nos ten afeitos, e iso deixa en franquicia o encontro co Rivas, pasandolle a presión a Mateo, que tampouco puido con ela e sucumbiu tamén con Valera por 0-3, seguindo Cristóbal atenazado mentalmente no seguinte e que dou a victoria xa por 1-4 para Rivas.
Puido maquillar o resultado Rubén no último, e a pesar de ser o que mellor xogou do equipo, ao estar o encontro decidido, simplemente cumpriu o trámite.
ACTA DEL PARTIDO CON FECHA : 18/04/2015 Jornada: 21
CLUB SAN XOAN TM | 1 | C.D.T.M.RIVAS PROMESAS | 5 |
Ningún comentario :
Publicar un comentario