Organizada pola Asociación de Minusválidos de Ferrolterra
Á que entre outros deportes tivo presenza o tenis de mesa a través do presidente do club Manolo Fernández, en representación da Federación Galega de Tenis de Mesa.
Manolo significou que o tenis de mesa adaptado é un deporte que poden practicar a meirande parte das persoas con discapacidade, e ademais a diferenza doutros o tenis de mesa é inclusivo na nosa Federación, xa que o formato de ligas é absoluto, competindo persoas de todalas idades e condicións. Nestes intres hai varios discapacitados físicos de pe e cadeira xogando de forma habitual e 4 con discapacidade intelectual, e aos que agardamos se sigan sumando cada día máis.
Para iso o Club San Xoan en colaboración coa FGTM, organizou en xuño o I Campionato Galego de persoas con discapacidade física, e estamos tentando que se leve a cabo o de discapacidade intelectual.
Nestes intres o club conta xa con 5 xogadores con discapacidade, 2 en cadeira, un deles, Alberto Novo, é o actual campión galego, e 3 andantes, e temos as portas abertas para todos, así como tamén ás persoas con discapacidade intelectual, para o que nos poñemos a disposición das asociacións de persoas con discapacidade, da zona de Ferrolterra, nestes intres o grau de colaboración coa ASM Ferrolterra é moi bo, e de aí os 5 xogadores que xa están integrados no club.
Ningún comentario :
Publicar un comentario