SUFRIDA VICTORIA EN SEGUNDA NACIONAL
O equipo formado por Diego, Ton e Rubén, tiveron que traballar duro para poder superar a un moi equilibrado equipo da AD Vincios, formado por David, Dani e Martín, nun longuísimo encontro, xa que o mesmo durou 3 horas e 20 minutos, por un resultado final de 4-3, que mantén ao primeiro equipo masculino do club coas posibilidades intactas de pelear polos postos que dan posibilidade de ascenso, ainda que non sexa o obxectivo prioritario.
Diego cumpriu nos seus partidos con David e Martín, non así Rubén con Martín e Dani, xa que xogou condicionado pola dor de costas que ten desde hai uns días, ainda así tratou de traballar para o equipo pero compensado pola victoria de Ton sobre Martin e que case poido evitar o dobre xa que perdeu apretadamente por 3-2 con Dani.
A emoción mantivose até o final, xa que despois da remontada para igualar, no dobre houbo que remontar tamén, finalizando cun 3-2 (11-7), con falta de saque de Martin, que puxo punto final a un longuisimo encontro, entre dous dos equipos candidatos a estar nos postos de cabeza.
O EQUIPO DE PRIMEIRA FEMININA NON TIVO RIVAL
O equipo leonés de Veguellina de Órbigo, non foi rival para as nosas rapazas, María, Diandra e Noa, Belén descansaba nesta ocasión, que endosaron un claro 5-1 ás rapazas leonesas, con este resultado manteñense no medio da táboa.
SUMA E SIGUE NA 1ª GALEGA
Fernando, Jaime e Golán, non tiveron oposición na súa visita ao colista, para apuntarse unha nova victoria, que os mantén no grupo de cabeza, por un resultado de 1-6, á espera de enfrontarse na vindeira xornada de liga, en xaneiro, a un rival directo como o Arteal, que xunto a Narón e Lalín son os máximos candidatos a poder dar o salto á segunda nacional.
Estes tres ex-alumnos do colexio de San Xoan e o seu compañeiro Felipe, seguen a demostrar que a categoría lles queda pequena e seguen co-liderando o grupo norte, despois dunha dobre victoria por idéntico marcador de 5-2, diante de dous equipos da zona alta da clasificación, nunha xornada maratoniana, debido a que varios dos partidos de ambolos dous encontros foron a apretados 3-2.
Os catro cumpriron con cadansúa responsabilidade para que o equipo lograse a victoria en ambos encontros diante de SD RIBADEO e BREOGAN OLEIROS C, que viñan cos seus mellores xogadores, caso de Patxi Isasti (Ribadeo), ou Alberto Doval e Andrea Valiño (Oleiros).
No encontro con Ribadeo, comezamos ben coa victoria comoda de Victor, pero logo as derrotas de Felipe e Fernando, obrigaban a non fallar no dobre para igualar e logo apuntalar a victoria puntuando os 3 xogadores.
Diferente comezo tivo o encontro con Oleiros, xa que a pesar de resultados apretados de Victor con Andrea e Fer con Alberto, Lois venceu claramente a Oscar, o que puxo o encontro moi de cara cun claro 3-0, e que ainda perdendo o dobre, logo as victorias de Victor e Fer, deixaban sentenciado o choque, que se completou coa victoria de Alberto Doval sobre Lois.
Ningún comentario :
Publicar un comentario