******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******
Amosando publicacións coa etiqueta ligas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ligas. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de outubro de 2014

O PUNTOS DO DERBI QUEDAN NA CASA



Cristóbal, Rubén e Mateo Cibantos

A VETERANIA E CALIDADE DE CIBANTOS E A EXPERIENCIA DE CRISTÓBAL DECIDIRON

Mateo Cibantos, veu a dar veterania e calidade ao equipo, que ficaba coxo trala marcha de David Meizoso, e que incrementan o nivel do equipo cara a unha liga moi competitiva.

Cibantos dou conta no primeiro partido de Adrián Vidal, que viña de xogar División de Honra nos seis ultimos anos en Cambados, sendo o xogador de mais nivel do Cidade de Narón, vencendoo por 3-1.

No segundo partido do encontro Cristóbal Fernández, venceu a Jorge Estevez, por 3-1, o que daba tranquilidade no marcador, ainda que un Rubén García nervioso caía por 3-2 (11-9) con Isaac Rivera, que poñía emoción no marcador.

Mateo vencía facilmente a Jorge Estevez no cuarto por 3-0, e Adrián Vidal volvía a poñer emoción ao encontro vencendo a Rubén por 3-0. Non obstante a victoria de Cristóbal sobre Isaac por 3-1 deixaba os primeiros dous puntos no casilleiro local.

O vindeiro domingo ás 10 horas unha nova xornada fronte ao Avilés TM.

martes, 28 de xaneiro de 2014

NOVA VICTORIA NA TERCEIRA NACIONAL

Parte do equipo infantil

O derbi da 2ª galega para o ADM

Logo do descanso dos equipos de primeira e segunda nacional, o encontro do equipo de terceira, xogaba o domingo o encontro máis sobranceiro para os intereses do club, fronte á SD Ribadeo, que a pesar de estar na parte baixa da clasificación, plantou cara.

Jonatan Suspes (2,5), Ton (1), Fernando López (1), Victor Paez (0,5), éste a pesar de ter que cambiar de raqueta, xa que no peloteo pre-partido a súa rompeu accidentalmente, lograron a victoria sobre o equipo ribadense.

Na segunda galega, derbi entre equipos do club no que o equipo ADM, amosou a súa veteranía para vencer claramente por 5-2, fixeon os puntos Alberto Novo (2,5), Fran Pérez (1) e Alvaro Illobre (1) para o ADM, e os puntos do equipo infantil logrounos Fernando Orjales.

domingo, 10 de febreiro de 2013

FRENAZO AO LIDER

Contundente victoria en Segunda Nacional


Unha nova victoria, diante do líder Arteal, e que sirve para manter o segundo posto e achegarnos ao equipo compostelano, coa fin de seguir mantendo as opicións de ascenso directo á Primeira Nacional.

martes, 15 de xaneiro de 2013

DE NOVO NA RUTINA COMPETITIVA

O encontro de 1ª galega 
 1ª Galega e 2ª Nacional Feminina en San Xoan
2ª nac fem, Ana, Patri e Sasha

Nada máis tomar o café, na tarde do pasado sábado, retomamos as competicións no noso pavillón, primeiro coa con centración da segunda nacional feminina, que disputaron os equipos do grupo norte, Cidade de Narón, Dez Portas Bispo Aguirre, Dez Portas Tospin TT e Concello de Vilalba, e do grupo centro, Club do Mar, Aluminios Xeal de Zas, SD Hípica e San Xoan-Cafetería Ipanema. 

Serio correctivo en primeira galega

Por un claro 1-6 venceu o Arteal Ventanas, erixindose co Lalín e Narón nos claros favoritos a subir de categoria, para disputarse posiblemente as 2 prazas que permitan xogar o vindeiro ano na segunda nacional, e nada poideron facer os nosos veteranos xogadores, ainda que o resultado ben puido comezar dun xeito diferente o encontro, xa que Fernando e Golán perderon por 2-3 diante de Manuel Calvo e Pablo Lois, e o que foi un 0-2, puido ser un 2-0, e co 0-3 de Jaime con Carlos Nogueira poñía a victoria local como unha meta casi imposible.

Iso non é excusa xa que o Arteal é un equipo superior e bastante equilibrado, e ao final a liga vai colocando a cadaquen non seu lugar.

O punto da honra filgueirense foi de Golan diante de Carlos Nogueira por un 3-2.

martes, 18 de decembro de 2012

SÁBADO VICTORIOSO


SUFRIDA VICTORIA EN SEGUNDA NACIONAL

O equipo formado por Diego, Ton e Rubén, tiveron que traballar duro para poder superar a un moi equilibrado equipo da AD Vincios, formado por David, Dani e Martín, nun longuísimo encontro, xa que o mesmo durou 3 horas e 20 minutos, por un resultado final de 4-3, que mantén ao primeiro equipo masculino do club coas posibilidades intactas de pelear polos postos que dan posibilidade de ascenso, ainda que non sexa o obxectivo prioritario.

Diego cumpriu nos seus partidos con David e Martín, non así Rubén con Martín e Dani, xa que xogou condicionado pola dor de costas  que ten desde hai uns días, ainda así tratou de traballar para o equipo pero compensado pola victoria de Ton sobre Martin e que case poido evitar o dobre xa que perdeu apretadamente por 3-2 con Dani.

A emoción mantivose até o final, xa que despois da remontada para igualar, no dobre houbo que remontar tamén, finalizando cun 3-2 (11-7), con falta de saque de Martin, que puxo punto final a un longuisimo encontro, entre dous dos equipos candidatos a estar nos postos de cabeza.


O EQUIPO DE PRIMEIRA FEMININA NON TIVO RIVAL


O equipo leonés de Veguellina de Órbigo, non foi rival para as nosas rapazas, María, Diandra e Noa, Belén descansaba nesta ocasión, que endosaron un claro 5-1 ás rapazas leonesas, con este resultado manteñense no medio da táboa.




 SUMA E SIGUE NA 1ª GALEGA


Fernando, Jaime e Golán, non tiveron oposición na súa visita ao colista, para apuntarse unha nova victoria, que os mantén no grupo de cabeza, por un resultado de 1-6, á espera de enfrontarse na vindeira xornada de liga, en xaneiro, a un rival directo como o Arteal, que xunto a Narón e Lalín son os máximos candidatos a poder dar o salto á segunda nacional.


O SAN XOAN "B" DE SEGUNDA GALEGA SEGUE INTRATABLE


Estes tres ex-alumnos do colexio de San Xoan e o seu compañeiro Felipe, seguen a demostrar que a categoría lles queda pequena e seguen co-liderando o grupo norte, despois dunha dobre victoria por idéntico marcador de 5-2, diante de dous equipos da zona alta da clasificación, nunha xornada maratoniana, debido a que varios dos partidos de ambolos dous encontros foron a apretados 3-2.

Os catro cumpriron con cadansúa responsabilidade para que o equipo lograse a victoria en ambos encontros diante de SD RIBADEO  e BREOGAN OLEIROS C, que viñan cos seus mellores xogadores, caso de Patxi Isasti (Ribadeo), ou Alberto Doval e Andrea Valiño (Oleiros).

No encontro con Ribadeo, comezamos ben coa victoria comoda de Victor, pero logo as derrotas de Felipe e Fernando, obrigaban a non fallar no dobre para igualar e logo apuntalar a victoria puntuando os 3 xogadores.

Diferente comezo tivo o encontro con Oleiros, xa que a pesar de resultados apretados de Victor con Andrea e Fer con Alberto, Lois venceu claramente a Oscar, o que puxo o encontro moi de cara cun claro 3-0, e que ainda perdendo o dobre, logo as victorias de Victor e Fer, deixaban sentenciado o choque, que se completou coa victoria de Alberto Doval sobre Lois.

mércores, 24 de outubro de 2012

VICTORIAS EN SEGUNDA NACIONAL, 1ª E 2ª GALEGAS

Fernando, Jaime e Golán siguen e suman na 1ª Galega Norte
Dobre derrota en 1ª Feminina e tamén en 3ª Galega

Contundente victoria no derbi con Cidade de Narón, por 5-1, onde únicamente Santi Otero foi quen de vencer a Ton por 3-1, e quen logo vencía a Santalla por 3-2, e tanto Rubén sobre Santalla e Permuy, como Quintero sobre Permuy e Santi, vencian claramente en todolos enfrontamentos por 3-0.

Tal e como indicamos no pé de foto, na 1ª Galega Norte, o equipo formado por Fernando García, Jaime Martinez e José Manuel Fernández (Golán), segue na senda da vitoria, ainda que por resultados apretados como o acadado en Conxo por 3-4, ainda que pode resultar engañoso, xa que no 5º partido o resultado era xa de 1-4, pero que foi disputado en cada un dos partidos individuais, xa que en 5 deles foi precisa a disputa do 5º xogo, nun encontro longo e disputado, que non reflexa a situación do Conxo na tabela clasificativa, ainda sen puntuar, pero que coa equipa que ten non vai tardar en facelo. Cabe salientar tamén a ausencia de Tomás por asuntos persoais, nas filas do club santiagués.

Os que si seguen firmes son os xuvenís da 2ª Galega, Victor, Fer e Felipe venceron claramente ao Afer Rábade B por un moi claro 6-1, e únicamente Felipe cedeu diante do mellor xogador do Rábade Angel Fernández.

A nota negativa foi a das rapazas de 1ª Nacional Feminina, que nun dobre desprazamento a Torrelavega e Avilés, chegaron coa saca baleira, sendo derrotadas por Torrelavega 4-2 e Avilés 4-3, destacar a presenza de Nerea Cazás e Diandra Cobelo, que acompañaron a María, Noa e Belén, coa fin de ir participando e familiarizandose coa categoría, na que irán collendo máis protagonismo progresivamente.

Terceira derrota consecutiva do equipo de Terceira, formado por Carlos, Patri e Sasha, que ainda xogando ben, os nervos que os atenazan á hora de competir, impidelles colleitar mellores resultados, agardemos que pouco a pouco se vaian sentindo máis seguros.
O encontro foi diante dun novo club Atlético San Antonio de Lugo, e que venceu por 2-5, acadando os puntos Sasha e Carlos, tamén xogou Yeray cando o encontro estaba decidido, e quen perdeu por 3-1 con xogos que foron todos pola mínima diferenza.

sábado, 13 de outubro de 2012

NOVA XORNADA DE LIGAS

Fer, no encontro co TDM Vilalba
Todalas equipas xogan fóra

Tanto na 2ª Nacional, que xogan en Santiago co Arteal, como en 3ª galega que xogan en Vilalba, ambos ás 5 da tarde de hoxe sábado, como o equipo de 1ª División Galega, que xoga mañá domingo ás 10 horas en Sigüeiro co Oroso, así como tamén o equipo de 2ª División Galega que xoga tamén mañá domingo ás 11 horas co Andeiro no local social da Rocha de Cambre.

A equipa de 1ª Nacional Feminina descansa.